27/1/10
As flores comestibles unha nova alternativa
De todos é coñecido o valor que teñen as flores para a decoración, polo seu color, fragancia, vistosidade, etc...
Sen embargo, no é tan coñecido o uso das flores comestibles, usadas na cociña. As flores comestibles utilízanse sobre todo como elementos decorativos e vistosos, pero tamén de xeito que lle aporte o seu sabor, dándolle a comida un toque de distinción.
Ademáis de ter un papel primordial na estética, as flores aportan un gran alimento nutritivo, pois contén vitaminas A, B, C , D, E etc... presentando unha calidade proteínica excelente.
Todo isto resulta novo en España, pero en outros países como son o caso de China, México, Brasil, Francia, EEUU, Canadá ou Grecia lévanse usando dende hai miles de anos na cociña, aproveitando a suas calidades saudables e medicinales, asi como o seu nivel nutritivo.
Unha das empesas que se adican a súa comercializacion é Alba-Soldevila, situada na provincia de Lleida. Recomendovos que visitedes a súa páxina web para ver os productos que comercializan.
Esta novidade, pode servir como unha alternativa os cultivos tradicionais nas zonas agricolas periurbanas, donde os cultivos tradiconais non ofrezan unha boa rentabilidade, debido a presión a que estan sometidos. Sen dúbida que é unha actividade que está en auxe, na cal xa se están a obter uns bos resultados, aínda que coa dúbida de que a sua producción en viveiros resultase rentable.
Simplemente, esta é unha curiosidade máis dun campo tan extenso e a vez interesante, como é o das plantas.
Fontes:
http://florescomestibles.com/index.htm
http://nutricion.suite101.net/article.cfm/flores_como_fuente_de_alimento
http://www.horticom.com/pd/article.php?sid=74444
0 comentarios:
Publicar un comentario