18/1/10

¿Invernadoiros de plástico ou de vidreo?

Con este post pretendo dar a entender que non é nada doado elexir un determinado invernadoiro, debido as grandes diferencias que hai entre uns e outros e a gran diversidade e variedade que o mercado ofrece. Aquí falo un pouco da diferenza entre os invernadoiros recubertos de plástico e os invernadoiros de vidreo, que son máis recentes pero que xa se empezan a ver máis a miudo.

Son moitos os factores que influen a hora de montar un invernadoiro; así, no mercado podemos encontrar diversos tipos de invernadoiros, de varias formas e materiais diferentes: Diferenciandoos por exemplo polo seu recubrimento exterior, podemos escoller entre os clásicos invernadoiros recubertos de lonas de plásticos, ou como en casos máis recentes, decidirnos por os inverndoiros de vidreo.

Estes ultimos son invernadoiros moi utilizados en Europa, debido a súa boa estructura e estabilidade, permitindo un microclima dentro do invernadoiro de forma máis cómoda. Sen embargo, a pesar de ter grandes vantaxas, este tipo de inveranoiros tamén presentan algun inconvinte, como son os elevados custes da súa instalación ou o elevado número de varas metálicas que necesitan para soster a estructura dos vidreos, dificultando desta forma un bo aproveitamento do sol.



En canto a os invernadoiros de plástico, soen ser máis comuns que os de vidreo, presentando como principal vantaxe o seu menor custo con respecto dos anteriores, así como unha maior facilidade para deixar pasar a luz. O principal condicionante destes invernadoiros é a adecuada elección do plasttico a utilizar, xa que no mercado podemos encontrar tamén unha gran variedade de plásticos, con gran diversidade de materiais e prezos moi variados ( polimetacrilato de metilo, policarbonato, policloruro de vinilo, polietileno, etc...), polo que debemos ter en conta o que buscamos e para que o necesitamos. Sen embargo, atendendo a dureza do mesmo, podense diferenciar entre os plásticos monocapa e os coextruidos, máis resistente que os anteriores debido a súa estructura molecular. Ademáis, os plásticos deben ser tratados con estabilizadores, para que estes sexan máis resistentes a degradación que lle pode producir o efecto dos raios ultravioletas. Mentras que nos de vidreo ou cristal, isto non é necesario, pois resisten mellor.



Sen lugar a dúbida este é un tema complicado a hora de decidirnos por un ou outro, pero a súa vez bastante interesante e que debemos ter moi en conta antes de poñernos a mercar un invernadoiro.


Fontes: http://www.jardinyplantas.com/invernaderos/plastico-para-invernaderos.html

http://www.infoagro.com/industria_auxiliar/plasticos.htm





0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks