18/1/10
¿Como facer un esgallado?
Buscando en internet información sobre o esgallado, atopeime con este video que explica, ó meu entender bastante ben os pasos para facer un esgallado.
Como xa sabemos, tratase de conseguir formar unha planta completa a partir de unha parte, que xeralmente vai ser a aerea.
O video é un pouco curto pero apreciase o xeito de traballar, dende que parte da planta obtemos o material, a limpeza da parte donde imos aplicar a hormona para que se forme o sistema radicular, como colocamos o esgallo no sustrato, a bandexa para colocalos, etc.
De todos xeitos creo que deberíamos apretar máis o esgallo cando o colocamos na bandexa, para que quede en contacto co sustrato e por suposto aplicar unha rega que favoreza este contacto e o enraizamento.
De todos xeitos, deixo tamen un enlace a unha páxina no que aparecen os diferentes tipos de esgallo que podemos facer,ben sexa de material lignificado con folla, sen folla, herbáceos, e con fotos do xeito de facelo. Ademáis está feita con slideshare, que xa coñecemos.
0 comentarios:
Publicar un comentario