18/1/10
Aceite "made in" Galicia
O longo de este ano 2010 salirá a venta o primeiro aceite 100% elaborado en galicia. Na zona de Quiroga a empresa Aceites abril conta con unha plantacion propia de 500 olivos dos que neste ano 2010 faran a primeira colleita e comercializarán o aceite como o primeiro 100% galego. Por esta razón penso que seria curioso comentar alguns aspectos sobre o cultivo do olivo, como pode ser o clima que precisa os coidados necesarios as enfermidades que poden afectalo ect...
A oliveira podese considerar unha especie bastante rústica, non precisa de terreos moi humidos soportando ben a seca, pode chegar a soportar temperaturas de -5ºC, non obstante esto son xeneralidades pois tamen depende da variedade da que se fale.
Nun principio a oliveira precisará unha poda de formación moi semellante a dos frutais, dandolle uha forma mais ancha que ala e suprimindo todas aquelas ramas que impidan acceder ao interior da arbore para a recolección da oliva.
Nas arbores vellas o que se sole facer e apear a arbore para que una vez rebrotada seleccionar alqueles brotes mais vigorosos e formar un novo exemplar.
En canto as enfermidades e as plagas mais comuns podemos atopar as seguintes:
1. A mosca da oliveira (Dacus oleae): e unha das plagas mais comun na oliveira das presnetes na peninsula ibérica. E moi dañina pois as larvas desenrolanse dentro da oliva alimentandose de ela.
2. Repilo (Cycloconium oleaginum): e unha enfermidade producida por un fungo, o fungo produce danos nos froitos e nas follas.
3. Barrenillo (Phloetribus scarabaeoides): coleoptero cuxa larva fai galerias nas ramas da arbore. unha maneira de combatir esta praga e poñer ramas nas veiras das arbores a modo de cebo e unha vez infectadas, destruilas mediente lume.
Fontes: La voz de galicia (primer aceite galicia)
www.botanical-online.com
0 comentarios:
Publicar un comentario