18/1/10
Certificación forestal, PEFC
Hoxe en día un dos grandes retos que as empresas ten para ofrecer os clientes é a calidade. Neste aspecto o sector da madeira xa conta cunha certificado AENOR da cadea de custodia. Cando vexamos a etiqueta PEFC (sistema Pan-Europeo de Certificación Forestal)nun producto, estamos ante unha marca que nos asegura que o producto forestal comerzializado, provén dun bosque xestionado con criterios de sostibilidade. Aínda que tódolos pasos son importantes para a certificación, o da planta tamén o é, é aquí onde entran en xogo os viveiros forestais , pois para que haxa un bosque certificado ten que haber viveiros que ofrezan plantas obtidas de material xenético de calidade procedente de mouteiras selectas ou horto sementeiros para facer novas plantacións. En Galicia hai 96821 ha certificadas e 60 empresas con certificación na cadea de custodia.
Neste video do programa da TVG, Labranza, emitido o pasado 10 de Xaneiro trata estes aspectos e de como se certifica un monte, un tema de interés crecente nos últimos anos.
0 comentarios:
Publicar un comentario