10/12/08
Plantas de nadal
O pasado domingo fun a unha feira na que ademáis de roupa tamén se comercializan flores. En concreto falei cunha parexa que tiña un posto. Comentáronme que eles antes tiñan unha tenda que atendían pola semana e os fins de semana poñían o posto, pero que por problemas económicos tiveron que deixar a tenda e agora só venden nos mercadillos (non só os domingos).
Pregúnteilles cales eran as prantas que máis se comercializában nesta época de nadal, ás máis típicas, e comentáronme que con diferencia eran o Abies sp. (Abeto de nadal) e a Euphorbia, tanto a variedade vermella como a branca (Flor de Pascua). Tamén estaban a vender prímulas e ciclamens.
Non posúen viveiro propio, contan cun invernadoiro no que prodúcen algunhas plantas como os crisantemos, Euphorbia, e algúnhas plantas de temporada; pero o resto (Abetos, rosais, frutais...) encarganas a un viveiro. Como levan moito tempo neste mundiño das plantas saben máis ou menos a cantidade de planta que venden e ademáis as árbores soen traelas por encargo.
Comentáronme como reproducen eles as Euphorbia.
- Reprodúcenas por esqueixes collidos a finais da primavera. Cortan trozos non moi grandes (uns 10cm), elimínanlles as follas inferiores e impregnannlle a zona do corte con hormonas enraizantes. Plántanas en pequenas macetas individuais e colócanas no invernadoiro. Durante os primeiros días mantéñenas con gran humidade pulverizándoas, cobrenas cun plástico, e colócanlle unha luz intensa.
Aquí vos deixo algunhas fotos que quitei.
0 comentarios:
Publicar un comentario