10/2/09
Plantas por San Valentín
Publicado por
Rocío Sampedro
Tendo en conta que se está achegando unha data tan sinalada como San Valentín,deixando de lado o mítico ramo de rosas vermellas propoñovos tres alternativas para regalar neste día:
-ORQUIDEAS: Este tipo de plantas caracterizanse por posuie extrañas formas as orquídeas son plantas monocotiledoneas pertencentes á familia Orchidaceae, , as orquídeas terrestres cuxo sistema radicular é enterrado, medran en abertos bosques, prados, beiras de ríos ou lagos, ou terras ricas en húmus. A maioría das orquídeas concéntranse en bosques tropicais onde a densa vexetación impide o paso da luz, polo que moitas delas volveronse epífitas , localizanse en áreas de terra húmida como as das selvas de América do Sur Australia, Nova Zelanda, etc.
A beleza das súas flores contrasta coa súa simplicidade. As orquídeas son flores hermafroditas, zigomorfas ;posuen unha columna central que soporta as anteras e o pistilo . Os dous pétalos superiores son idénticos, pero o inferior volveuse distinto coas súas propias cores, formas e tamaños que poden ser moi diferentes, dependendo da especie. As flores poden ser simples ou en inflorescencias e son polinizadas por insectos.
-NARCISOS: Os Narcisos son as plantas bulbosas máis cultivadas na primavera xunto cos tulipáns . Os Narcisos teñen multitude de aplicacións en xardinaría. Plantanse en outono e florecen a principios de primavera ,prefieren lugares soleados,o solo necesita un bo drenaxe e con certa riqueza en materia organica ;un exceso de auga produciría a pudrición dos bulbos. Aínda que soporta o frío debese evita os extremos.
Estas plantas podense cultivar no interior facendo o que se chama o "cultivo forzado".É das bulbosas mais fáciles de forzar.
-En primeiro lugar debes adquirir variedades apropiadas para o forzado e de calibres maiores, non pequenos.
-Planta nunha maceta con turba e sen enterrar demasiado os bulbos. Coloca a maceta no interior da vivenda, a partir do mes de novembro en España e a unha temperatura duns 10ºC, procurando que a maceta reciba o máximo posíble de luz durante o día.
- Unha vez que as xemas florais se desenvolveron , é dicir, que mostran uns botóns de grande desenvolvemento e moi compactos, deberás colocarlos no lugar mais cálido da vivenda con abundante luz.
-TULIPÁNS: Os Tulipáns (Tulipa) son un xénero de plantas perennes e bulbosas pertencente á familia das Liliáceas. O xénero dos tulipáns, nome común co que se designan a tódalas especies, abrengue aproximadamente 150 especies e innumerables cantidades de híbridos e cultivares conseguidos a través do melloramento xenético que os floricultores foron realizando dende o século XVI.
Son plantas herbáceas, bulbosas. Os bulbos son truncados basalmente e elongados cara ao ápice, cubertos por unha túnica usualmente pilosa por dentro. O talo é sinxelo (ocasionalmente ramificado) e subterráneo na súa porción basal. As follas son basais e caulinares, espaciadas ou máis ou menos arrosetadas, lineais, aovadas ou lanceoladas.As flores son actinomorfas e hermafroditas, erguidas ou, máis raramente, péndulas; e áchanse dispostas en número de 1 a 3 na extremidade dos talos floríferos. O perigonio é anchamente acampanado, composto de tépalos libres, subiguais, xeralmente anchos e imbricados, coloreados, frecuentemente cun diminuto mechón de pelos brancos no ápice. O androceo está formado por 6 estames, inclusos, cos fiamentos aplanados e as anteras oblongas. O ovario é súpero, trilocular, pluriovulado. O estilo é columnar ou moi curto, o estigma é trilobado. O froito é unha cápsula loculicida, pluriseminada. As sementes son usualmente planas.
Etiquetas:
Plantas,
San Valentín
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario