11/2/09
Viforsa como productor ornamental
Publicado por
Sandra Sánchez
Neste post vou continuar falándovos da visita que fixen a Viforsa, e nesta ocasión vouvos falar das especies ornamentais que producen e como as producen, ensinandovos tamén unhas imaxes que saquei alí.
As especies ornamentais que posúen en maior volume son: Buxus, Thuja, Juniperus, Azalea, camellia, moitas variedades de Leylandii, Photinia, etc. Neste viveiro intentan ter moita variedade de cada especie, aínda que son conscientes que con esta forma de producir complican moito a xestión do viveiro.
Hai especies que compran en pequeno e que logo venden en grande. Outras son producidas por eles mesmos.

Na planta ornamental a reprodución soe ser por esgallo pero hai especies como por exemplo o Acer que reproducen por semente.
Dependendo da especie os esgallos vannos facer nunha época ou outra, así por exemplo na Thuja os esgallos soen facelos en inverno e na Photinia a finais do verán ou principios do outono, dependendo do tempo que faga e de como estén os esgallos, xa que deben mirar que a madeira destes non esté nin moi dura nin moi branda. Méteno en hormonas líquidas mezclada con auga durante 2 segundos e introduceno nunha bandexa con un substrato composto por area, turba e corteza de pino. As bandexas colócanas nunha mesa nun invernadoiro que ten rego por aspersión. Nas mesas sobre as que poñen as bandexas cos esgallos, tiñan perlita, pero debido a un problema que teñen coas raíces, agora están experimentando a poñer malla en lugar de perlita para ver se non botan tantas raíces.
Nas imaxes que vos presento podedes observar que os esgallos de camelia teñen as follas cortadas, iso fanno para evitar que se toquen entre si, evitando así pudricións e para evitar a transpiración.
Actualmente tamén están experimentando a facer esgallos de kiwi.
En canto a instalacións teñen: invernadoiros, unha superficie de terreo (onde teñen a planta)rodeado por thujas para que lle fagan de cortaventos e unha balsa.

Etiquetas:
Viveiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario