13/2/09
Viveiro a Falmega
Post de Rua e Xosé:
O pasado venres por mor da neve e debido a que non tivemos clase , os compañeiros de clase Rua e Xosé fomos ata o Viveiro de Falmega en Oroso, A Coruña.
Atendeunos amablemente o seu encargado Alfonso e contounos un pouco a labor que fan.
Adicanse sobre todo a produción de estacas de Castaño Hibrido por medio de Acodo baixo . As estaquillas obtenas de clons que poseen no Viveiro , traballan con 32 variedades pero principalmente utilizan :
• 9044, ,6810, 111, 1483 e 125 , este ultimo e o que ofrece os mellores resultados, pois obtense uns crecementos en altura e grosor bastante considerables en poucos anos . Tamén utilizan o 7810 que según se pode apreciar nas fotos presenta un magnifica rectitude dos seus pes , apenas teñen curvaturas .
A plantación faise con marcos moi bastos , con moita densidade 2.5*1 .Unha vez que alcanzan unha altura de 6-7 metros e cando se cortan e deixanse as cepas para que saían as estacas para posteriormente facercelle un Acodo.
Os parámetros nos que se basan para determinar a calidade dun pé de Castaño son que presente un bo fuste , un bo sistema apical , ser resistente a Tinta, e unha boa produción de castañas . Por cada un destes parámetros realizan unha puntuación para obter así unha valoración media da planta.
Toda produción de castaños vai destinada para Viveiros privados , tales como Boibel Forestal, Braña, Hifas da Terra, etc , non se vende nada para particulares, nin para M.V.M.C, nos no no creemos pois estando nós alí veu un paisano preguntando se vendian castaños , e creo que lle dixeron que non por estarmos nós .
As estacas de menos de 1 metro vendense a 1.2euros e as de máis de 1 metro a 1.5 euros os viveiros . Estes a súa vez ponas no mercado para venta a particulares o doble do precio que pagaron ( negocio redondo). O sea ,os viveiros actúan de intermediarios e sen ningún esforzo ganan o doble , un pouco inxusto, non?.
A planta sae do viveiro coa tarxeta de certificación forestal e o pasaporte fitosanitario. Traballan coas categorias de material cualificado e controlado( clon 111).
2 comentarios:
Estupendo post, a producion de castiñeiros resistentes á tinta en Galicia é fundamental e xa está moi aceptada polos compradores, a pesar de que agora está irrumpindo con forza o cultivo in vitro tamén neste campo.
Estupendo post, a producion de castiñeiros resistentes á tinta en Galicia é fundamental e xa está moi aceptada polos compradores, a pesar de que agora está irrumpindo con forza o cultivo in vitro tamén neste campo.
Publicar un comentario