9/2/09
O Pino de Zas
O outro día día durante a miña xornada de traballo atopei nas proximidades do concello de Zas ,algo que me sorprendeu bastante .
Estou a falar de un P.pinaster que está a medrar no piso de un casa en ruinas , si tal como ledes, ahí tendes un señor pino que deberá de ter un 6-8 anos , todo bonito , medra dereitiño , sen ningunha curvatura no seu fuste e ademáis está acompañado de sotobosque , toxos e xestas .
Estiven pensando de trepar para verlle as raíces pero non me atrevín por ser unha propiedade privada , non fora ser que me chamaran a atención .
Deixovos as fotos para que o comprobedes vos mesmos , non están trucadas e podedes ver que debaixo do piso esta o vacio e vense as vigas da placa.
Supoño que medraría a partires dunha semente que veu polo aire e foi parar o solo do piso.
A nai naturaza coma sempre sorpréndenos .
0 comentarios:
Publicar un comentario