5/2/09
A flor cadáver
Publicado por
xose calvo
A' flor cadáver' Amorphophallus titanum, unha das plantas exóticas mais grandes do mundo a súa principal característica e o seu olor a carne podre.
A flor cadáver (Amorphophallus titanum) abre os seus pétalos unha vez cada dez anos. Por esta razón, cando esta planta exótica florece convertese en nun espectáculo digno de ver pero non de ulir).O afloramento ten lugar no Xardín Botánico de Meise (Bélxica) e no Xardín Botánico Hortus de Leiden (Holanda) centro que conta na actualidade con 15 exemplares desta especie. neste último caso, tiveron que pasar cinco anos para que os holandeses visen de novo esta 'cerimonia' da natureza, e non faltaron á cita.
Esta planta chama a atención polos súas grandes dimensións, pode medir desde un1. 25 centímetros até tres metros de alto por un metro e medio de ancho, e chegar a pesar de 15 a 50 kilos.
O Xardín Botánico holandés comezou a investigar 'a flor cadáver' fai 16 anos e desde aquela xa se produciron oito floracións entre os seus 15 exemplares.
E unha especie descoñecida en moitos aspectos, e segundo Art Vogel, responsable da investigación desta especie no xardín holandés, non se sabe cal é motivo de que floreza.
A súa reprodución consiste en que durante a floración, a planta desprende un olor fétido que se parecido o olor dun cadáver ,oe atrae os insectos que buscan animais mortos, principalmente moscas, estes imprégnanse do polen da flor e despois distribúeno facilitando a reprodución da especie.
A última floración produciuse no 2003, obtendo 500 bayas . O centro quedou con 40 e distribuiu o resto a outros xardíns botánicos co fin de seguir investigando.
Ademais de Holanda e Bélxica, outros países investigan e cultivan exemplares de este curiosa especie: Nova York , Sttuggart e Bonn (Alemaña), Bogor (Indonesia), Sidney (Australia).
Etiquetas:
Curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario