5/2/09
Viveiro Ortigueira.
Publicado por
Manuel Rua
No mes de decembro visitei un viveiro que está en St Cruz de Rivadulla no concello de Vedra provincia de A Coruña. Hoxe vouvos a contar o que vin alí:
Neste viveiro producen e venden buxo, magnolia, acivro, gardenia e sobre todo camelia da que producen 30 variedades distintas. O viveiro ten 8 empregados e un encargado, e está distribuído da seguinte maneira:
Unha parcela de plantas nai.Un invernadoiro.
Unha parcela de sombreado.
Unha parcela de almacenaxe de planta.
Unha nave para almacenaxe de materiais e ferramentas.
Unha oficina.
A zona de plantas nai e de aproximadamente 1 Ha. Aquí nos meses de xullo agosto podan as plantas nai das que saen os esqueixes (que saen de brotes terminais de 1 ano) déixanlle 2 ou 3 follas, hormónanos e introdúcenos en bandexas con area dentro do invernadoiro.
A planta está no invernadoiro 8 meses.Despois trasladan a planta a outra parcela con malla de sombreado de 1 Ha de superficie aí a planta permanecera 2 anos e practicaránselle 2 podas (1 cada ano) córtanlle as xemas apicais para que a planta non medre en altura xa que o mercado demanda planta baixa.
As plantas cámbianas a un envase de 300 cc na primavera seguinte antes de pasar a parcela de sombreado.Os 2 anos pasan as plantas a parcela de almacenamento que tamén vale de exposición listas para saír o mercado.
A planta exportase a maioría para Holanda, Bélxica e Francia aínda que tamén venden a particulares e a maioristas. Aproximadamente producen entre 80000 e 90000 plantas o ano.
Os prezos da camelia van dende 2,50 € as de 2 anos 5 € as de 3 anos e 10 € as de 4 ou máis anos.
Etiquetas:
Viveiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario