10/2/09
Guzmania minor
Publicado por
Rocio Torreira
Referíndome ó traballo de plantas de interior, eu vouvos falar da Guzmania minor, Ficus elastica e a Schummbergera.
Hoxe só vos cometar sobre a Guzmania, seguirei cas outras en vindeiros posts.
Hoxe só vos cometar sobre a Guzmania, seguirei cas outras en vindeiros posts.
- Familia: Bromeliaceae
- Nome científico: Guzmania minor
- Nome común: Guzmania
- Características:
As súas follas son estreitas, punzantes, de cor verde claro, dispostas en roseta. As flores blanquecinas son insignificantes. As soberbias brácteas son dun vermello brillante en cultivar "RED", de cor amarelo_laranxa no cultivar "ORANGE".
- Técnicas de cultivo:
Multiplícanse mediante sementeira nos viveiros; pero tamén os aficcionados poden levar a cabo a multiplicación, de abril a agosto, por separación de retoños, plantándos nun testo de 6 - 7 cm cunha mezcla de mantiño basto de follas e turba. Arraiga a 22 - 25 ºC para unha temperatura do sustrato algo máis elevada e unha boa humidade do aire. Ó cabo duns meses, conven transplantalos a unha maceta máis grande que conteña unha mezcla de mantiño de follas a medio descompoñer, turba, mantiño de agullas de coníferas e copos de poliestileno, cun pH de 4.5 a 5.5. Cultívanse a partir dese momento a 20 - 22 ºC.
- Consellos para unha boa conservación da pranta:
As plantas xóvenes hai que regalas regularmente, a pequenas dosis, na raíz e nas rosetas. En inverno, debe limitarselles a rega. As guzmanias prosperan baixo a luz tamizada e, en verán, en semisombra. Unha vez aclimatadas, soportan durante un tempo tanto o sol direto como unha sombra densa. As prantas máis vellas non sofren co aire seco dos locais con calefacción central. Engada, de marzo a outrubro e en novembro, unha solución de abono completo concentrada ó 0.1 %.
Etiquetas:
Prantas interior
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
FELICIDADES polo post a verdade é que resulta interesante dende o punto de vista de persoas coma mín que non temos moita idea de plantas e seguro que nos resultará útil a hora do seu coidado.
Publicar un comentario