24/1/09
Coto muiño
Publicado por
Manuel Rua
Vou a falar de finca Coto muíño propiedade de NORFOR, ten 685 has dedicadas a investigación e produción de eucalipto, esta situada preto de Baiñas no Concello de Zas, na provincia da Coruña. A maioría das parcelas da finca están plantadas con clon 14 tamen chamado 3341 AR (Anselmo Rama) que foi o enxeñeiro que o descubriu.
Segundo Xaquín encargado da finca este clon e un dos de maior produción que hai, ten un crecemento en altura de 2,5 m por ano, e en torno a 30 Tm/ha/ano, crecemento moi superior si o comparamos coas 17 Tm/ha/ano que medra un eucalipto normal nesta zona, tamén hai algunhas parcelas plantadas con clon 18
As parcelas desta finca plantadas con clons no poden pasar de 10 ha de superficie continuas para así poder cumprir os criterios da norma P.E.F.C a que esta inscrita a empresa.
Etiquetas:
Viveiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario