19/1/09
Vaxe ó viveiro de Norfor(Figueirido)
Onte día 12 de xaneiro fixemos unha excursión a Pontevedra. Visitamos a Estación Fitopatoloxica de Areeiro, e máis o viveiro forestal da empresa Norte Forestal (NORFOR).
Eu vou falar un poucoda 2ª visita, a do viveiro do Norfor por ser a que máis esta relacionada co modulo de produción de planta.
O viveiro de Norfor esta situado no lugar de Figueirido, provincia de Pontevedra.
(Vista aérea do viveiro).Sixpac
En primeiro lugar dicir que este viveiro pertence á empresa Norfor filial da empresa produtora de pasta ENCE. A súa maior produción de planta baséase no eucalipto, xa que moita da planta que produce vai para os seus montes de patrimonio ou ben para montes que a empresa ten en convenio cos particulares ou con comunidades de montes. Tamén produce e comercializa pinus pinaster, radiata, e algunhas frondosas
Segundo nos explico a xefa de cuadrilla do viveiro ata fai 2 anos facían neste viveiro de Figueirido o ciclo completo da produción da planta, sementeira estaquillado, e comercialización, pero dende hai 2 anos para acá, a sementeira faise no viveiro de Navia,(Asturias),xa que está situado nunha zona comercialmente mais estratéxica, ademais de ter mais demanda de planta nos arredores que o que ten o viveiro de Figueirido. Unha vez que as bandexas son sementadas (colocan 2 sementes por bandexa) transportase ao viveiro de Figueirido para o seu desenrolo.
Aquí métense nos invernadoiros, mediante unhas plataformas e uns carris que facilitan as labores e aproveitan o máximo o espazo do invernadoiro, onde a semente realiza a súa nascencia e o seu primeiro desenrolo. As planta nos invernadoiros permanecen baixo unas condición de temperatura e humidade totalmente controlada. Teñen un sistema de ventilación Cooling e apertura do invernadoiro cenital. Todo esta automatizado.
Cando a planta ten unha dimensión adecuadas vaise sacando fora do invernadoiro, para ir aclimatando á planta ao exterior, e as condicións nas que posteriormente tera no monte donde se realice a plantación. Todo isto se fai grazas ás plataformas rodantes onde estaban situadas as bandexas e a un remolque que transportaba as plataformas de 3 en 3. Posteriormente faise a selección da planta, xa que como dixemos antes sementaban 2 sementes por bandexa. E unha vez que a planta ten a altura e robustez adecuada, pódese dicir que está lista para a súa comercialización e para levala cara o monte.
(Planta aclimatándose no exterior)
Ademais de producir planta por semente, esta empresa tamén produce planta de esgallo, de clones xeneticamente superiores. O esgallado, ó igual que o sementado dende fai 2 anos no o fan neste viveiro sino que o fan no viveiro que teñen en Huelva, xa que as condición atmosféricas son mais axeitadas, sobre todo no inverno, onde si no se aplicaban gran cantidade de produtos fitosanitarios a mortalidade podía alcanzar o 50% debido a Botrytis spp, e a Mycospharaella spp. Unha vez que se realiza o esgallado alí, tráese cara Figueirido en camións, para que dende aquí se distribúan (Planta con Botritis spp.)
O esgallado o fan en envasetipo "super leach" de unha capacidade de 125 cc. e o fan de dous tipos de madeira grosa e xemas terminais, segun nos dixo a xefa os esgallos terminais van moito meior xa que non hai que facerlles unha selección de guías.
(Detalle do esgallo en super leach)
A diferencia da calidade da planta entre as plantas procedentes de semente e as de esgallo e moi grande, ( ten un maior crecemento, maior produción e unha maior resistencia ás xeadas pero tamén ten unha diferencia de prezo substancial, de 0.19 cts a de semente a 0.45 cts a de esgallo, polo que a xente aínda e reacia a comprar a de esgallo.
Tamén comercializan frondosas como son "Quercus rubra", "Castanea spp", "Quercus robur", "Acer pseudoplatanus", etc. pero no o producen aquí, sino que compran a planta xa feita, e a aviveiran ata a súa comercialización.
Dentro do viveiro tamén comercializan outro tipo de plantas, como son ornamentais, de interior, xardinería, e ademais teñen a venta materiais para traballar no campo.

0 comentarios:
Publicar un comentario