19/1/09
Excursión a Norfor
Publicado por
Sandra Sánchez
O luns 12 de xaneiro os ciclos de forestais do IES de Arzúa fomos de visita o Areeiro, a Lourizán e a Norfor. Empezarémosvos contando a nosa visita o viveiro de Norfor.
Norfor é un viveiro que se atopa no concello de Pontevedra e actualmente a súa produción está destinada principalmente ó ámbito forestal.Producen sobre todo Pinus pinaster, Pinus radiata, Eucalyptus globulus e Eucalyptus nitens. Antes facíase a sementeira no propio viveiro pero agora por motivos económicos tráense as bandexas sementadas dende Navia, transportándoas cun trailer, xa que a sementadora foi levada para aló.
Unha vez aquí as bandexas son colocadas nun invernadoiro que ten calefacción para que a temperatura non descenda dos 6ºC, malla de sombreo para evitar que as radiacións solares danen a planta e un sistema de rego automático e móbil.
Cada alvéolo posúe dúas sementes e unha vez que nacen hai que facer unha seleción eliminando unha delas.
As mesas nas que están as bandexas son rodantes. Estas deslízanse mediante un carril fora do invernadoiro onde pasan a un remolque (que pode levar 3 mesas á vez) que as transporta a unha explanada. Todo este proceso faise unha vez nacida a planta para que se habitue as condicións externas.
Noutra zona do viveiro teñen outro invernadoiro con sombreo automático, rego por aspersión automático, termohidrógrafo (é un aparello que rexistra simultaneamente a temperatura do aire e da humidade), un sistema de ventilación cooling system e ventás cenitais. É aquí onde teñen os clons de Eucalyptus que traen dende Huelva debido a que alí a porcentaxe de supervivencia é maior xa que as condicións climáticas son mellores e non hai tanto problema de Botrytis e Micosfarella. O prezo de venta ó público é de 0,45€ a planta de clon de Ecalyptus e de 0,19€ a planta de Eucalyptus procedente de semente. As vantaxes do clon é que son máis resistentes as xeadas e acúrtase o turno de corta, aínda así a xente é reacea a comprar clons debido ó elevado custo.
A maioría das ventas son realizadas a patrimonio aínda que tamén venden a particulares.
Fai uns anos realizaban estaquillado de Eucalyptus. Selecionábanse árbores plus de onde se obtiñan as estaquillas que se facían enraizar para crear bonsais de onde sacaban máis estaquillas. Tiñan entre 16-17 clons dos cales 2 eran galegos.
No viveiro pódense atopar outras zonas coma a de exposición a venta en cepellón e a raíz núa, oficinas, máis invernadoiros, balsas,...
Ata fai uns anos tamén se adicaban a planta ornamental pero actualmente téñena alquilada a Arte Natur.
A continuación mostrámosvos unhas fotos da visita.
Creado por Sandra e Natalia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario