20/1/09
Excursion O viveiro de Norfor en Figueirido
Publicado por
xose calvo
O pasado día 12 de xaneiro fixemos unha visita o viveiro de NORFOR , da empresa ENCE en Figueirido –Pontevedra.
No viveiro estabamos a esperar unha empregada que nos puxo un pouco o tanto de como funcionaba o recinto. O viveiro con 80.000m2 divídese en 4 zonas :
1.Unha sala de control de rego2.Unha zona adicada a planta de temporada e ornamental 16.600m2
3.Unha zona para a produción de planta forestal, 17600m2
4.Unha zona para a producción de clons de Eucalipto14600m2
A verdade e que daba a sensación de estar un pouco abandonado a sorte de Dios , eu estiven nesas instalacións hai 5 anos e tiñan mellor pinta, estaba máis coidadas .O viveiro é unha concesión da Comunidade de Montes de Figueirido con NORFOR .
Segundo nos comentaba a empregada levaron a maquina sementadora que tiñan para o viveiro que ten Norfor en Navia, polo que facíase a sementeira en Asturias e logo viñan as bandexas en camións ata Figueirido, e polo que nos comentaron saíalle rendible
De igual xeito ocorría ca zona onde tiñan os clons , antes producíanos aquí e agora producen os clons e Huelva e tráenos tamén en camións. Isto débese á alta humidade de Galicia polo que no inverno obtiñan entre un 50% e 60% de supervivencia e no verán alcanzaban valores óptimos de 95%-96%, este ocasionáballe problemas de Mycosphaerella e Botrytis polo que tiñan oca gastos para aplicar produtos fitosanitarios .
Sinalar que os clons proveñan de árbores plus . A zona onde estaban os clons tiña unha temperatura e humidades constantes , isto era importante para o desenvolvemento dos clons .
O invernadoiro tiña sensores de temperatura , humidade , ventiladores, sistemas de calefacción .A temperatura dentro do invernadoiro regulábase a través duns ventiladores que extraian o calor de dentro do invernadoiro axudados por unhas laminas parecidas a uns paneis de abellas ,que chamaban “pantalla de culling” Estes paneis tiñan un buratos polos que circulaba auga subministrada a través duns depósitos que tiñan a ambos lados do invernadoiro . Os ventiladores desprazaban o aire quente e absorbían o aire máis frío que proviña da pantalla de culling.
NORFOR
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario