27/1/09
Viveiros a Granxa
Publicado por
xose calvo
A semana pasada fun de visita ata a vila de CEE e entrei nun pequeno viveiro que está na entrada da vila . O viveiro en cuestión e " VIVEIROS A GRANXA".
Atendeume amablemente o seu propietario, Saulo, e doume un pequeno paseo polas instalacións.
Comentábame que empezaron a súa andaina polo ano 1989 dedicándose sobre todo produción de planta de temporada para venta o público e tamén para distribución por toda a provincia da Coruña. Adicábanse sobre todo a produción de Camelias, Bouganvillas, Azaleas e Brugmansia.
A partir do 2007 e a raíz desta crise, segundo me comentou, so se dedicaban a produción e comercialización par venta o público xa que baixara o volume de negocio.
A multiplicación de planta faise por esgallos de talo .O viveiro conta cun zonas para plantas de exterior e outras zona o aire libre para plantas ornamentais e froiteiras.
Déixovos unhas fotos da visita .
Etiquetas:
Viveiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario