16/10/08
Camelias "made in" Galicia
Atopei no xornal “El Correo gallego” unha noticia na que conta que Galicia é a principal productora a nivel mundial de camelia.Disto falou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, na inauguración do primeiro simposio iberoamericano e as cuartas xornadas ibéricas de horticultura ornamental que se levou a cavo na cidade pontevedresa. Tamén se comentou que é una das comunidades nas que máis creceu o nivel das exportacións de planta ornamental fronte aos mercados tradicionais;e a gran cantidade de viveiros de planta ornamental que hai na comarca do “Baixo Miño”.
A presidenta do comité organizador e responsable da área de fruticultura e ornamentales da Estación Fitopatolóxica do Arieiro destacóu o xiro productivo dos viveiros galegos que pasaron de producir flores para o seu posterior corte a producir plantas de viveiro, isto ocorreu debido a entrada de productos que procedentes de Sudamérica.
A min pareceume una noticia moi curiosa xa que non coñecia dita información, asi que espero que vos guste.
1 comentarios:
A noticia si é curiosa e pódeselle sacar maior partido, voto de menos os enlaces ás persoas e institucións ás que fas referencia.
Publicar un comentario