15/10/08
Bosques naturais
Publicado por
xose calvo
BOSQUES NATURALES,S.A é unha empresa con capital 100% español que se creou en 1996. No ano 2007 Promociones Keops, S.A adquiriu o 54.62% da empresa converténdose en accionista maioritario.
Adícase a produción e mantemento de plantacións forestais, maioritariamente nogueira e cereixo, pero tamén produce freixo, castaño, carballo, é dicir; especialízase nas madeiras nobres. Na actualidade ten 1.417 hectáreas, ó redor de 291.000 árbores en fincas en A Coruña, Toledo, Cuenca e Navarra e uns 9.000 clientes.
Esta empresa utiliza técnicas agronómicas para a súa produción, coas cales consegue reducir á metade os turnos de plantación. Un turno normal para o cereixo sería de 40-45 anos pero eles redúceno a 20-25. Para lograr este fin utilizan material seleccionado de 1ª calidade .
Unha vez plantadas as árbores ofrecéselle ós clientes a posibilidade de mercalos, e BOSQUES NATURALES,S.A comprométese ó seu coidado e mantemento ata o momento da venta, no que se lle da ó cliente unha porcentaxe según se firmou no contrato.
Etiquetas:
Empresas,
Técnicas de cultivo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Tal vez poderias enriquecelo con fotos e incluso cunha información que non proveña da propia empresa, porque xa sabes que neste tema de compra dunha árbore hai opinións moi encontradas. Faltan enlaces á empresa
Publicar un comentario