15/10/08
Curiosidades das plantas de temporada
As plantas de temporada son aquelas herbáceas que só duran uns poucos meses, xa que debido as xeadas e ao frío inverno morren, a pesar disto hai lugares con climas cálidos nos que poden resistir ao inverno e voltar florecer ao ano seguinte. As plantas de temporada son moi usadas en xardíns, parques, paseos… grazas as súas cores chamativas, diferentes texturas, etc. Desenroláronse moito grazas á obteción de novas variedades de sementes para a planta en maceta, sementes que se adaptan ben a case todo tipo de ambientes, mecanizazón dás técnicas dos semilleiros, uso de reguladores dó crecemento… No noso país debido á variabilidade dó clima ou período de semente e venda destas plantas é orientativo.
Éstas plantas se poden producir polos seguintes sistemas:
- " Tradicional: Seméntanse en bandexas de semilleiro ou mesas, cando saen as dúas primeiras follas faráselles un repicado, logo pasanse a bandexas multimacetas nas que xa se poden vender, dependendo o seu uso;por exemplo: se vai ser para planta de temporada de interior, transplantarase a unha maceta de maiores dimensións.
- " Intensivo:a sementeira farase de maneira mecanizada e controlando as condicións ambientais.
Tanto se se usa un sistema ou o outro e preciso coñecer as técnicas de xerminación. Para unha boa xerminación e preciso empreñar un substrato uniforme e de moi boa calidade. É preciso fertilizar despois dá xerminación.
Humidade e temperatura:é preciso ter unha humidade constante e a unha temperatura entre 20 e 30ºC. Hai que regar as sementes cada pouco con nebulizadores ou atomizadores pero evitando deixala moi encharcada.
Luz:mentres xerminan non precisa moita luz, en cambio logo de sair as 4-5 primeiras follas precisa máis pero sen aumentar moito a temperatura.
Se a plántula presenta unha elongación non desexada empregaranse retardantes.
Almacenamento:farase en cámaras con luz artificial a unha temperatura de entre 3 e 5ºC, e cubrindoas cun plástico para evitar a deshidratación.
Unha vez finalizado o transplante hai que darlle vos coidados de acordo coa espécie.
Pragas e enfermidades: As máis comúns son:
- " Marchitamento e podredume de colo.
- " Podredume de ápices.
- " Rollas ou manchas circulares
1 comentarios:
Os datos moi técnicos poden supoñer un problema e ademais non suelen ser suficientes para dar unha visión real, tal vez terias que quedarte no que proporcionan e indicar que usos se poden facer... Tampouco estaría mal que o post fose máis vistoso e incluso que enlazaras con productores de planta de temporada galegos e tal vez falaras con algún, para ter outra visión máis ampla da teórica pura.
Publicar un comentario