15/10/08
¿SON OS MONOCULTIVOS FORESTAIS UNHA SOLUCION PARA O QUENTAMENTO GLOBAL?
E sabido por todos que as plantacións a gran escala e en rexime de monocultivos causan,efectos negativos para o medio ambiente provocan perda de pearmibilidade nos solos, fan que se agoten os nutrintes, producen alteracións na abundancia e na riqueza da flora e da fauna...
Por outra parte,hay un aspecto relacionado coas plantacións que non soe ser tan conocido, estou falando dos seus efectos tanto a nivel cultural como social. As aldeas indíxenas existente en América do sur e as comunidades locais que habitan nos bosques sofren a invasión das suas terras por parte de compañias plantadoras e vense forzados a abandonalas , perdendo con elas tamén o seu medio de vida. A lista de comunidades locais afectadas polas plantacións forestais é, en realidade, moi longa.
A Convención de Diversidade Biológica e o Foro Intergubernamental sobre Bosques (IFF)- comeza agora a advertir sobre os impactos que poderian causar as plantacions forestais na biodiversidade forestal e nos ecosistemas naturais.
Os inventarios nacionais de Uruguai sobre gases de efecto invernadoiro que cada estado debe preparar para monitorear a situación nacional respecto dos compromisos para a UNFCCC, consideran que o incremento das áreas de plantacións forestais chamadas "bosques plantados" é positivo para o ambiente global e incluen a captura de carbono polas plantacións nos seus respectivos cálculos.O método que se tomou non considera os efetos negativos que menciono, asi como tampouco nos factores a nível rexional ou local que poden incidir no cálculo. En realidade o efecto neto dunha plantación sobre a captura de carbono unha vez que se teñen en conta todas as variables está por agora nunha fase de hipótese.
1 comentarios:
Creo que te fuche moi lonxe, este tema dos monocultivoss está a ser grave en España e sobre todo en Galicia onde se perdeu gran parte da diversidade da flora, tal vez poderías enfocalo máis neste sentido. Creo que ademais debes apoialo con enlaces, fotos.. é dicir facer máis ameno o post.
Publicar un comentario