16/10/08
Lode Van Doorselaer
Publicado por
Sandra Sánchez
Lode é un dos principais productores de flores e plantas ornamentais en España e un dos primeiros en introducir e producir novas plantas en Galicia, xa que cando el veu para aquí, na nosa comunidade só había tres ou catro viveiros.
Lode é de orixe belga e veu a Galicia no ano 1981 para ver a costa galega. Pouco despois asentouse en Fisterra coa idea de montar unha empresa. Para escoller a zona baseouse no clima pois segundo el, Galicia na franxa costeira ten o mellor clima para cultivar ó aire libre sen necesidade de invernadoiros podendo obter así plantas a un mellor prezo.
A primeira idea que trouxo era a de cultivar rododendros dunha maneira rápida para levalos para Bélxica e vendelos alí, pero poucos anos despois, aí polo 1985 xa descartou esta idea e dedicouse só o mercado local, sobre todo en Galicia e norte de Portugal.
"Flores de Lires" que é así como se denomina a súa empresa comezou cunha superficie de 2000 metros cadrados e na actualidade xa ten sobre unhas dez hectáreas dedicadas a plantas e flores. Esta conta coas últimas tecnoloxías. A especie que máis está vendendo na actualidade é o Leptospernum (sobre unhas 60000 plantas ó ano). Tamén andan a traballar nunha nova línea, introducindo variedades que non hai no mercado.
Hoxe en día, Lode a parte desta empresa tamén ten un socio co que produce bambú para exportar nunha finca de vinte hectáreas cerca de Pontedeume.Fonte: Hemeroteca web.
Etiquetas:
Viveiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
A idea de mostrar os productores galegos me parece ben, pero creo que sería mellor poñerse en contacto con eles e preguntarlles catro cousas sobre o que pensan das súas producións. Recorda que debes enlazar e non só poñer de onde ven a información
Publicar un comentario