8/12/08
Xardíns Verticais
Publicado por
Rocio Gardes
O paisaxísmo vertical como o seu nome o indica, consiste en levar a natureza ao plano vertical, é dicir, que en lugar de facerse en horizontal, prazas, parques, xardíns e zoas verdes; faise isto mesmo pensando en vertical, con todos os requirimentos técnicos e alternativas que isto conleva. Sempre tendo en conta as necesidades das plantas para o seu bo desenvolvemento e aumentando así a cantidade de elementos verdes na cidade.
O paisaxismo vertical ten a posibilidade de estender os metros cadrados de pulmóns para a cidade, diminuír a radiación, reducir o consumo enerxético de edificios, lograr o control dos trocos bruscos de temperaturas no interior dos espazos, É unha estratexia que brinda a oportunidade de multiplicar a superficie vexetada do planeta, contribuíndo así a diminuír a temperatura e mellorar a calidade ambiental, sobre todo en espazos urbanos mestos e con pouca vexetación. Os espazos verdes, en xeral, teñen un efecto positivo e tranquilizador para as persoas, contribúen á sensación e percepción de benestar dos usuarios.
Por séculos, o termo ecolóxico ou sustentábel non eran conceptos que se plantexaran como unha necesidade inminente, simplemente era a resposta a unha lectura consecuente da linguaxe da natureza e o entorno; termos que coa industrialización, a medra da cidade e o elevado valor do terreo urbanos, se foron terxiversando.
Na actualidade, a realidade e a problemática é outra. Existe unha tendencia crecente e urxente a ter en conta parámetros medioambientais, sustentábeis e bioclimáticos, para proxectar"coa natureza", respectando, reforzando e identificando a súa linguaxe co fin de compor así un paisaxe propio.
A pesar de que o habitante da cidade acepta e se amolda a vivir nunha paisaxe gris, de muros altos e espazos reducidos, busca o equilibrio e o contacto coa natureza. A substitución de espazos verdes por equipamento urbano dá lugar á procura de alternativas que amplíen e reforcen as superficies vexetadas. Unha clara resposta a esta tema a alternativa que brinda o "paisaxismo vertical".
Mostrarei un percorrido polo mundo e a historia do Paisaxismo Vertical:
1. Reidy Edifício de apartamentos: Rió de Janeiro, Brasil 1950
Neste edificio a altura entre os andares, a disposición irregular dos balcóns e a abundante vexetación, logran que a ventilación cruzada funcione e se maximice de xeito favorabel para os vexetais.
2. Banca Catalana: Barcelona, España 1970
Este edificio representa un dos primeiros edificios intelixentes e transformouse nun ícono da arquitectura. Conta cun sofisticado sistema informático para irrigar as plantas.
É sen dúbida un descanso visualizar unha construción tan verde, rodeado de torres convencionais.
3. Skys Crapers: Elaphant e Castel. Eco Tower. Londres, Inglaterra 2000 (Residencial)
Rañaceos ecolóxico. Os espazos verdes ascenden dende o xardín para crear unha continuidade ecolóxica. Utilizase unha mistura de especies que garanten o verdor permanente.
4. Aichi Expo: Muralla verde. Nagoya, Japon 2005
Na Expo Praza desta exposición universal, construíronse paredes elaboradas con paneis vexetais que se sobrepoñen, denominadas Bio Lung (Bio=vida e Lung= pulmóns). Consiste nunha estrutura de aceiro básica, reutilizabel, á cal adhírense paneis modulares verdes con aspersores automáticos incorporados.
5. Fundación Cartier: Paris, Francia 1994 l Arq. J.Nouvel e Arq. P.Blanc
Leva varios anos buscando novas formas de climatizar os edificios con solucións inxeniosas.
Na Fundación Cartier, buscou a eliminación dos limites entre o construído e o natural.
Un edificio en vidro e metal no cal exponse arte contemporáneo, unha estrutura que interactúa coa natureza e as transparencias do cristal. Sobre o acceso medra un muro vexetal que se asoma á fachada.
6. Museu du Quai Branly, Paris, Francia 2006 l Arq. Jean Nouvel l Paisaxista : Patrick Blank
Neste caso aplicouse a tecnoloxía do coñecido botánico Patrick Blanc, especialista en plantas tropicais, nas fachadas que permite desenvolver un paisaxismo vertical, logrando muros verdes e mesturados con vexetación.
7.Hotel Casa Camper: Arq. Fernando Amat, Barcelona, 2004.
Sobre un edificio no Raval de Barcelona, o Arq. Fernando Amat aplicou unha reabilitazón dirixida á funcionalidade e o confort.
O xardín vertical ten 18 m. de altura, e esta composto por 117 Macetas de Aspidistras ordenadas nun anden metálico verde que enmarca e soporta cada planta. Converte o patio nunha instalación que brinda ao interior frescura, relaxación e vitalidade.
O rego do xardín, é un sistema por pingo dirixido a cada maceta,que proven do sistema de alxibes de augas de choivas e reserva, que esta na cuberta.
8 .Horto urbano: Leopoldo group design, Barcelona 2004
O Horto urbano de Leopoldo consiste nunha liña de xardineiras de aluminio e cubetas de rafia plástica que permite cultivar todo tipo de hortalizas, plantas recendentes, medicinais e froitas en pequenos espazos como terrazas, balcóns, porches... Especialmente, esta pensado para espazos urbanos onde a posibilidade do cultivar é case nula.
9.Persiana Vexetal: Planta no Aire
Arq. Maria Alejandra Valenzuela, Barcelona, 2007
É unha alternativa que logra achegar e incorporar o elemento vexetal a espazos que carecen de metros en horizontal.
10.Xardins dos Alcazares de Sevilla
11.Viñedos na Rioxa
Cores, texturas, estruturas orgánicas, luz, pezas do quebra-cabeza cos que se xoga, que inspiran, que reflicten o noso sentido e dan vida a un espazo, no cal disfrutamos………..
FONTES: Diversas páxinas de internet e un fabuloso traballo da Arq. Maria Alejandra Valenciela "Paisajismo vertical--Planta en el aire".
Etiquetas:
xardíns
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Interesante post Rocio! E outra maneira de enterder o deseño na xardineria , empezamos por levantar edificios cada vez maís altos por falta de sitio nas cidades , e agora ¿ farase o mesmo cos xardíns ?
Pareceme unha boa idea a de facer paisaxismo vertical, iso sí,cuns certos límites claro. Creo que poderiamos indagar sobre este tema e informar sobre cales son as plantas típicas ou as características que estas teñen que ter.
O posts esta ben pero pereceme un pouquiño largo.
Gustoume a idea pero estou de acordo con Sandra en que dentro duns límites. Para mín eso de cubrir as fachadas dos edificios con plantas non me parece a mellor idea, máis que nada pola cantidade de bichos que se poden aloxar nelas.
Boa entrada, gústame a presentación, boto en falta a información enlazada ás páxinas que mencionas para poder acceder a ela.
Publicar un comentario