6/3/11
Viveiro Xardín Compostela
Moi boas. Fágovos unha breve introducción sobre o viveiro que elexín para a realización do traballo e que fomos visitar Toñito e eu.O viveiro é Xardín Compostela ubicado en Roxos (Villestro)pertencente ó concello de Santiago. Despois de falar cos propietarios e concertar o día de visita presentámonos alá para informarnos de como funciona e como se traballa no viveiro.
O viveiro vende ó público todo tipo de plantas, pero prima a planta de temporada. De feito explicáronnos que eles o que producen so é planta de temporada. Teñen outro viveiro en Lestedo no que so se adican a producir planta,mentres que o de roxos é onde venden ó público.
Fomos facer o día seguinte a visita ás instalacións de Lestedo, onde producen a planta, polo que poidemos ver un pouco máis de cerca o proceso que seguen para sacar a planta, os sistemas de rego, o proceso de abonado,etc.Ó largo da semana subirei o traballo para que poidades opinar. Saudos a tod@s
0 comentarios:
Publicar un comentario