10/2/10
Visita a viveiros Denoy
O pasado martes, 2 de febreiro, fixemos unha visita a "Viveiros Denoy", co obxecto de ver as súas instalacións e os traballos que alí realizan. Este viveiro produce principalmente azalea rododendros e camelia, sendo o principal exportador de esta última.
Según nos exlicou un dos seus empleados, realizan o ciclo completo de producción de planta, dende estaquillado ata a súa comercialización.
Unha das zonas máis importantes do viveiro é, sen dúbida a zona de esgallado. Nesta zona danlle gran importancia a temperatura e a humidade, e para elo contan coa axuda da tecnoloxía en forma de calefacción e sistema de humidificación (Fog System). Sen embargo, o que máis me chamou a atención é o emprego de tacos de substrato, que xa veñen preparados para estaquillar nas bandexas, tras o previo paso de hormonado, con hormona diluida. Tamén me sorprendeu moito o sistema de recollida de auga que tiña o viveiro, donde toda a auga estaba canalizada de tal forma que iba a parar a unha balsa almacenadora para logo empregala no rego.
Posteriormente realizan o proceso de enmacetado, para elo contan con macetas de diversos tamaño, adaptándose sempre as esixencias do mercado:
- macetas de 0.5 l.
- macetas de 2l.
- macetas de 3l.
- macetas de 5l.
- macetas de 8l.
Deste xeito, as plantas que non se venden en macetas pequenas, trasladanas a macetas de maior tamaño para conservalas en bo estado ata a súa comercialización.
En canto a calidade da planta para poder ser comercializada, no caso da camelia rísenxe polos seguintes parámetros:
- Calidade do colo da raíz.
- Que presente 5 botóns florais ou máis.
- Que presenten un color verde intenso.
Ademáis as plantas deben estar en bo estado fitosanitario, para elo realizan tratamentos fitosanitarios contra as enfermidades que pode presentar a planta, como a Phytoptora , e unha baixada da humidade relativa do invernadoiro.
Por este motivo o viveiro sométese a diversos controis sorpresa por parte da administración, para comprobar o bo estado da planta e que o pasapote fitosanitario estea en regra.
A continuación deixovos unha presentación coas fotos que realicei do viveiro, nas cales se poden ver as súas instalcións, maquinaria que utilizan e dos sistemas de rega e calefación:
Fonte propia.
0 comentarios:
Publicar un comentario