10/2/10
Visita a Viveiros Denoy
O pasado día 2 deste mes tivemos a oportunidade de comprobar " in situ" as instalacións dun viveiro. En concreto estivemos en Viveiros Denoy situado en S.Estebán do Campo, Arzúa ( ACoruña), é un dos maiores exportadores de camelia de España, ademáis tamén producen azalea e rhododendro, aínda que, en menores proporcións. Ocupa unha extensión de 70ha e ten unha plantilla de 20 operarios. Como dixen a camelia é a especie na que máis traballan, realizan o esquexe nuns tacos de sustrato, xa preparados, que en contacto ca auga inchan. Están neste estado menos de un ano para enraizar, despois transplántanas a macetas de medio litro e de aí de dous ou incluso, directamente, a de tres, polo tanto pasarían ó redor de 3 anos dende o esquexe ata a venda que se faría con plantas de cinco ou máis botóns florais e follas de cor verde intenso. Ainda que, tamén traballan con outras opcións de producción, para adaptalas a demanda. Un inimigo, común para estas plantas é a enfermidade da Phytoptora, a cal combaten con funxicida e rebaixando a humidade ó maximo posible.
Aparte da producción, as instalacións e os equipamentos presentes neste viveiro merecen especial mención. Poidemos ver dende unha máqina lavamacetas, outra de enrolamento dos carries e mesmo outros mecanismos vistos na clase como as turbinetas de rego, o sistema de calefacción, ventilación cenital e lateral, mallas de sombreo e térmica etc. Outro dos aspectos salintables era o aproveitamento que se facía da auga da choiva canalizada cara unh balsa onde se recolía para posterior uso na rega.
0 comentarios:
Publicar un comentario