28/3/09
Planta araña
Publicado por
Natalia Piñeiro
Gustaríame ensinarvos unha planta que teño na casa e que me parece moi curiosa. Foi unha planta dada e ata fai pouco non lle sabía o nome, eu chamáballe a da tea de araña e agora verdes porque:
Como podedes ver parece que ten unha tea de araña enriba dela (a persoa que no la dou ó principio quitáballa pensando que era por iso ata que se deu conta de que a formaba a propia planta). Investigando en internet, o cal non me foi moi doado porque o único que sabía era como era pero non o nome, dei con ela. O seu nome común tiña referencia a tal característica: Sempreviva de arañas, Sempreviva de telarañas; polo tanto eu non estaba tan enganada no seu nome. Cientificamente denomínase Sempervivum arachnoideum (xénero: Sempervivum).
Outra curiosidade a destacar dela e a súa forma de reproducirse. Cada roseta propagase lateralmente por renovables, estes caen despois ó chan e comezan a medrar de forma independente . Tamén o pode facer sexualmente polas súas diminutas sementes pero ás miñas aínda non lles saíu nunca a flor (porque tardan varios anos en sairlle).
Nas seguintes fotos da miña planta pódese ver claramente tanto as súas características morfolóxicas como a súa forma de reprodución asexual, ambas características parécenme moi curiosas e sorprendentes.
Etiquetas:
Sempervivum arachnoideum
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Curiosa a planta e tamén a súa forma de reproducción. Un excelente traballo o que o final lograche facer, a verdad é que foi moi gratificnte para min poder ver esta evolución túa respecto as TICs, espero que para ti tamén fose unha boa aprendizaxe. Un auténtico pracer
Publicar un comentario