26/3/09
Fotos da práctica de esgallos
Publicado por
Natalia Piñeiro
Durante este curso realizamos unha serie de prácticas sobre a produción de planta. Unha delas foi a de esgallos. Neste post non vos vou falar dos esgallos en si, xa que podedes obter información detallada sobre eles se ides á sección de apuntes de clase que se atopa na marxe dereita deste blog (ó igual que de outros moitos temas interesantes sobre a produción de planta), pero si vos quero ensinar unhas fotos que realicei durante o transcurso da práctica. Nelas poderedes observar como traballamos en grupo e a forma en que realizamos o enchido das bandexas con diferentes tipos de substratos e mesturas distes (area, turba e perlita), e tamén a fase de realización dos esgallos e de introdución nos diferentes substratos. Os esgallos recibiron dous tipos de tratamentos: con hormonas de enraizamento en po e tamén en forma líquida. Unha parte dos esgallos deixámolos sen ningún tratamento para poder comprobar, non só a diferenza de enraizamento entre os distintos tipos de substratos, senón tamén entre os que levaban ou non hormonas de enraizamento. Despois de rematar deixamos a zona de traballo limpa e ordenada, factores moi importantes á hora de traballar e que deben estar sempre presentes.
Aínda que fago eu este post, gustaríame tamén mencionar a todos os meus compañeiros de clase que dunha ou doutra forma axudaron á súa realización.
Etiquetas:
Esgallos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Canto menos me gusta saír nas fotos máis sallo, jeje. A verdade é que me gustou moito ver estas fotos traballando todos xuntos. Que recordos!!! Que ben o pasamos nas prácticas, eh!! Lástima non nos acordar antes da cámara.
Pois si que foi unha boa idea o de sacar as fotos, e eu quedei totalmente sorprendida porque nin me enterei e eso que debería estar por alí, en todo caso é un pracer vervos traballar, a pesar do desorde, a falla de limpeza....
Publicar un comentario