2/2/09
Viforsa como productor forestal
Como xa vos contei anteriormente, fun a viveiros Viforsa para ver o seu funcionamento e poder transmitirvos como levan á práctica tódolos coñecementos teóricos que acadamos na clase. Neste post voumos falar de Viforsa dende o punto de vista forestal e noutro que farei proximamente falareivos de Viforsa dende o punto de vista ornamental.
Viforsa dende o punto de vista forestal dedícase sobre todo á produción de Pinus pinaster, Pinus radiata, Castanea sativa, Prunus sp (clons de madeira), Quercus sp, Eucalyptus sp e outras.
Todas estas especies, agás o castaño que é producido por acodo baixo, son reproducidas por sementes que as compran nunha casa de sementes ou ó sequeiro de Carballo. As sementes son sempre de orixe controlado.
Este viveiro vende tanto a profesionais como a particulares, e aínda que vende máis ós profesionais resalta que a porcentaxe de venta a particulares tamén é importante. As especies que máis venden son o pino e o eucalipto.
O sustrato co que se fai a sementeira é de toxo. Aínda que non soe haber problemas fitosanitarios, se de forma esporádica hai que tratar algún faise sempre con productos ecolóxicos ó igual que os productos de limpeza que empregan, que tamén son ecolóxicos.
1 comentarios:
Interasante o do sustrato Sandra , unha maneira de eliminar o sobrente dos montes de galicia.
Publicar un comentario