2/2/09
Tillandsia, a planta que vive do aire
Publicado por
xose calvo
As Tillandsias son plantas da la familia das Bromeliáceas son unhas plantas que viven do aire , e decir non estan en contacto co solo como as demáis plantas . Son plantas parasitas aéreas, contan con mais de 650 especies distintas.
Desenvolveron a capacidade de tomar todo o seu alimento e auga grazas a unhas células que ten nas follas , tricomas .Non ten raices senón unha especie de ganchos para adherirse a calqueira soporte .Deste xeito as tillandsias conseguen medrar en sitios onde ningunha outra planta podería sobrevivir: pedras , madeira, colgadas dun balcón, eu téñoas visto sobre un cable telefónico.
Son plantas que necesitan moita luz solar e abundante aire fresco. Hai que regalas de forma diaria , con unha simple rozada a primeira hora da mañá e suficiente , se fai moita calor regarase dúas veces, a auga deberá ser o máis pura posible sen excesos de sales, cloro nin cal.
A forma das súas follas e as características das suas flores varian moitísimo dunha especie a outra.
Grande parte das especies teñen flores de grande tamaño, que poden ser de calquera cor e teñen unha bo aroma. En algunhas, a floración pode durar só un par de semanas, pero hai outras tillandsias con flores que permanecen durante varios meses ou mesmo durante todo o ano.
A reprodución faise por sementes , moi delicada e difícil, pero o máis sencillo e por retoños.INFOJARDIN
Etiquetas:
Curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Pois si parece que viven do aire, pero o aire tamén é un medio impescindible de vida. Un post moi agradable de ler, só me gustaría que fose un pouco máis amplo no apartado da súa reproducción e das súas posibilidades en Galicia
Moi chulo o teu post!A primeira foto e espectacular...Ogalla a miña tamen florezca algun día...
Se vades a Santiago fixadevos na Avd Concheiros,colgando no alto dun edificio hai unha que mete medo.
Publicar un comentario