13/12/08
Poinsetia
Publicado por
Natalia Piñeiro
Un ano máis, como de costume, xa merquei a miña flor de Pascua ou Poinsetia (Euphorbia Pulcherrima). Para min é un requisito indispensable, desde fai uns anos, mercar unha. Nesta ocasión merqueina en Arzúa, na Floristería do Agro. Atendeume unha moza encantadora (á que se me esqueceu preguntar o nome) que non tivo ningún inconveniente en dedicarme uns minutos do seu tempo e explicarme, de forma moi amable, que a Poinsetia era unha árbore no seu lugar de orixe pero que aquí se empregaba como flor de temporada. Para que se poña roxa necesita só dúas horas de luz ó día, que é o que lle fan nos viveiros para que cheguen así ó mercado. Díxome que se lograba tela viva para o ano que ven, que non vai ser o caso, as súas follas serían verdes a non ser que lle fixese como no viveiro. Tiña tres variedades: a roxa, que foi pola cal me decantei, a branca e a roxa con follas jaspeadas tamén en roxo (manchas roxas). Comentoume que era unha planta que sangraba moito ( savia branca e leitosa) se se lle producía algún tipo de ferida ou simplemente ó arrancarlle as follas cando estas están murchas,custándolle moito cicatrizar. Polo tanto, é mellor que lle caian as follas de forma natural ou quitarllas cando estean secas, para que a planta non sufra. Debe ter un rego moi moderado e debería estar a unha temperatura duns 19-22ºC e sen cambio bruscos.
A planta que merquei ven en maceta e é un so pé moi ramificado dende o colo da raiz (como o resto das que tiña alí para vender), procede dun distribuidor de Tomiño, Pycflorga, que tamén teñe viveiros pero que non producen flor de Pascua.
A foto que vos mostro non é a da miña planta porque non teño neste momento a cámara para facerlla.
Quero darlle as grazas a moza da floristería polo ben que me tratou e por toda a información que me dou, a cal vos seguirei contando no seguinte post.
Etiquetas:
Euphorbia,
Plantas nadal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Bo comentario, polo menos é en primeira persoa e como algo persoal.
Publicar un comentario