9/12/08
Belas e perigosas
Publicado por
Natalia Piñeiro
A miúdo apreciamos a beleza das plantas e flores que nos rodean pero non pensamos nos riscos que pode entrañar o convivir con elas. Colocamos as plantas nas casas, no traballo, nos parques e xardíns,… sen pararnos a pensar en que non só son decorativas, se non que algunhas ocasións poden ser tóxicas e incluso bastante perigosas, podendo chegar a ser mortais. Deberíamos de coñecer os perigos que poden entrañar para poder previr posibles intoxicacións.
A continuación preséntovos unha serie de plantas moi fermosas e de uso moi habitual pero que teñen partes tóxicas:
Adelfa (Nerium oleander)
Partes tóxicas: é unha das plantas ornamentais máis con maior toxicidade, sobre todo as súas sementes.
Síntomas: a inxestión de follas e froitos provoca inicialmente vómitos intensos, diarrea, cefalea e alteracións visuais. Pode producir problemas cardíacos que poden levar á morte.
Partes tóxicas: é unha das plantas ornamentais máis con maior toxicidade, sobre todo as súas sementes.
Síntomas: a inxestión de follas e froitos provoca inicialmente vómitos intensos, diarrea, cefalea e alteracións visuais. Pode producir problemas cardíacos que poden levar á morte.
Acevo (Ilex aquifolium)
Partes tóxicas: as follas e os froitos
Síntomas: a inxestión produce vómitos, dor abdominal e diarrea. En casos extremos produce convulsión e pode incluso causar a morte.
Diefembaquia (Dieffembachia)
Partes tóxicas: a savia
Síntomas: se se chupa ou masca produce ardor e irritación na boca e garganta, con inflamación de lingua. Se se inxire, pode causar vómitos, diarreas e lexións do sistema nervioso.
Hedra (Hedera helix)
Partes tóxicas: o talo, as follas e os froitos.
Síntomas: a inxestión das flores e dos froitos produce malestar xeral, febre, diarrea, convulsións, coma e morte nalgúns casos.
Flor de Pascua (Euphorbia pulcherrima)
Partes tóxicas: toda a planta, especialmente a savia.
Síntomas: se se masca ou inxire pode producir irritación da mucosa bucal, náuseas, vómitos e diarrea.
Hortensia (Hydrangea macrophylla)
Partes tóxicas: a savia es lixeiramente tóxica.
Síntomas: irritación da mucosa oral, náuseas e vómitos pouco importantes.
Croton (Codiaeum variegatum)
Partes tóxicas: as follas
Síntomas: irritación de mucosas
Narciso (Narcissus)
Partes tóxicas: o bulbo
Síntomas: náuseas, vómitos, diarrea, tremores e convulsións. Se se inxire en grandes cantidades pode ser paralizante e causar a morte.
Filodendro (Philodendro scandens)
Partes tóxicas: as follas
Síntomas: irritación de mucosas, náuseas e vómitos.
Imáxenes das plantas citadas:
Fotos via internet
Información obtida dun artigo da revista Clara de outubro do 1993.
A pesares de todo isto, eu persoalmente non vou deixar de ter algunha delas na casa como as hortensias, os narcisos ou a flor de pascua, que mercarei como cada ano por estas datas. As plantas non son perigosas se se coñecen e se saben os seus riscos, para poder situalas e manexalas de forma adecuada.
Etiquetas:
Plantas tóxicas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
É moi curiso e gracioso ler este artigo sobre todo no apartado dos síntomas que me parecen un pouco esaxerados pero, por si as moscas, eu non vou probar estas plantiñas. Aínda que me acaba de xurdir unha dúbida, porque son tóxicas para nós e non para os animais? e que eu véxoos comer os froitos destas plantas e aparentemente non lles pasa nada.
Publicar un comentario