21/10/08
Pasaporte fitosanitario
O pasaporte fitosanitario é unha etiqueta e un documento de acompañamento que permiten a circulación de determinados productos vexetais na Unión Europea. Estos certificados son a garantía de que foron producidos por entidades inscritas no Rexisto Oficial e sometidos os controis e/ou tratamentos fitosanitarios correspondentes.
Os productos que teñen obriga de portar este pasaporte son: vexetais, partes de vexetais, sementes e bulbos destinados a plantación, cortiza, polen, desperdícios e desfeitos de madeira. Ver listado de productos.
Con esta medidas o que se pretende e conseguir que non se introduzcan ou se propaguen nos países da Unión Europea, ou en Zonas Protexidas, organismos nocivos. Están recollidas no artigo 7 do Real Decreto 58/2005, de 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra "a introdución e difusión no território nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou productos vexetais, asi como para a exportación e transiño cara paises.
O pasaporte fitosanitario pode ser solicitado polo produtor, o comerciante ou o importador de vexetais ou productos vexetais, que deben estar inscritos no Rexisto Oficial correspondente. Ademais, o tipo de actividade que se desenvolve e o destino xeográfico da mercadoría condiciona que sexa necesário expedir un pasaporte con distintivo RP (pasaporte de reemplazo) ou ZP (zona protexida: é unha zona da UE na que non son endémicos nin se atopan estabelecidos un ou varios dos organismos nocivos dos que existe constancia da súa presencia nalgunha parte da UE, ainda cando as condicións en dita área poden ser favorables ó establecemento dos mesmos, ou na que existe risco de establecemento de determinados organismos nocivos a causa das condicións ecológicas favorables).
TIPOS DE PASAPORTE
-Pasaporte fitosanitario con distintivo RP: significa que o pasaporte é un documento de substitución que utiliza o comerciante que recibe a mercadoría. Esta mercadoría dividese en partidas, cada un delas co seu correspondente pasaporte de substitución.
- Pasaporte fitosanitario con distintivo ZP: Este documento permite que os vexetais poidan ser enviados dende calquer punto da UE ás denominadas Zonas Protexidas.
Páxinas relacionadas:
1 comentarios:
Sería bo algunha foto ou video ou algo relacionado e por suposto non se poden poñer as fontes de información tal e como as tes, senón facendo links e utilizando as palabras que che permitan dar idea da páxina de onde ven esa información.
Publicar un comentario