21/10/08
Un viveiro innovador
Publicado por
Francisco Romar
A empresa focense Viveiros Mañente creada fai máis de 25 anos implantou con éxito o proxecto Model Innova elaborado polo ITG(Instituto Tecnolóxico de Galicia)que tiña como obxetivo a innovación das Pymes.
Este viveiro xa destacara por ser o primeiro en Galicia en obter o certificado de calidade ISO 9001:2000 que lle foi emitido por AENOR.
Con respecto ó proxecto Model Innova este tiña como obxectivos:-Recoñecer as necesidades ou oportunidades de innovación que podan xurdir na PYME.
-Posicionar á PYME segundo o seu nivel innovador: medir a innovación.
-Asesorar á PYME na solución innovadora adecuada ás súas necesidades: tecnoloxías dispoñibles, empresas que poden proporcionarlle ese servizo, financiamento e subvencións ás que poden optar, formación no uso das tecnoloxías adoptadas…
-Acompañar ás empresas o seu proceso innovador e creación da cultura da innovación na empresa mediante actividades de formación.
-Concienciación da PYME de que a innovación é un proceso continuo: medir o avance nas actividades innovadoras.
-Sistematizar a xestión da innovación como unha parte máis da xestión global da empresa.Este proxecto pode levalo a cabo calquera PYME coa axuda do persoal experto do ITG e o precio final pode ser moi vantaxoso para a empresa xa que dito proxecto está subvencionado por IGAPE(Instituto Galego de Promoción Económica).
Etiquetas:
Viveiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
O viveiro ten páxina web?? ¿chamache por telefóno ou carta para sacar unha información máis cercana e completa? Tes que coidar máis os erros ortográficos. ¿Non enlazar, tamén con AENOR xa que fas referencia a eles?
Publicar un comentario