28/10/08
Una variedade de fresa única en Galicia...
Publicado por
Rocío Sampedro
Manuel Touceda adicábase a venta de ambulante de froitos secos cando decidiu dar o salto a produción ; no seu invernadoiro cultiva dende xudías ata pementos pasando por leitugas e como non unha das froitas mais apetecibles A FRESA .
Todo comezou fai sete anos cando Manuel viaxou a Moguer , un pequeno pobo pertencente a provincia de Huelva alí coñeceu unha familia con raíces galegas que lle ensinou todo os segredos sobre esta froita.
Foi así como exportou a Galicia unha variedade única de fresa.O cultivo desta froita realízao mediante a técnica do caballón, as plantas colócanse en surcos elevados que van provistos dun sistema de riego por goteo.
Hoxe en día conta cunhas 31000 plantas , para que a fresa chegue fresca o seu destino final hai que realizar polo menos dúas recollidas por semana , gracias a rotación do cultivo na terra ben abonada ten fresas case todo o ano, dende primavera ata Novembro.
Segundo Touceda a súa primeira colleita foi “regular” e este ano esperase unha baixada dos prezos para o productor debido, a introdución de productos holandeses no noso país .Pero Manuel aposta fortemente polo negocio ,e así o demostrou fai dous anos cando investiu mais de 40.000 euros para a colocación de novos túneles , aínda lle quedan cinco túneles por colocar ,pero xa dispón de 5000m correspondentes os doce túneles que xa estean montados.
Ademais Touceda foi un dos primeiros agricultores en introducir man de obra estranxeira, chegando a ter ata once empleados rumanos ,agora queda Leo unha xoven que lle axuda na retirada da planta dos pementos para dar paso os tomates.FONTES:
http://tierrasdesantiago.es/index_3.php?idMenu=328&idNoticia=358024_3.php?idMenu=328&idNoticia=358024
Etiquetas:
Curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario