10/2/10
Viveiro Denoy
O pasado martes, 2 de febreiro, realizamos unha visita o viveiro Denoy, ubicado no concello de Arzúa. Dito viveiro ten unha superficie de 70 hectáreas aproximadamente e nel traballan 22 persoas. Dedícanse a producir camelia, rododendro e azalea. Destinan boa parte da producción para o mercado exterior.
Explicáronnos as distintas etapas polas que pasa a pranta antes de saír o mercado (esgallado, enmacetado, aplicacións de productos fitosanitarios,...), e as instalacións coas que contan.
A continuación veñen unha serie de fotos que me pareceron interesantes:
Fonte:Propia
Visita Veveiros Denoy
Despois da visita realizada a Viveiros Denoy que e o maior productor de camelias de todo España, vou facer un resumen das notas máis importantes que tomei durante a visita.
SUSTRATO
Para o estaquillado das camelias usan uns tacos de sustrato humedecidos, os cales xa veñen preparados para meter nas bandexas.
HORMONAS
A hormona utilizada por este viveiro e hormona diluida, meten os esquexes durante 24 horas e logo plantanas durante un ano nas bandexas de alvéolos, en inverno reganas cada tres minutos cada 10 días.
SISTEMA DE CALEFACCIÓN
Para conseguir unha temperatura de entre 20 a 22 grados usan calefacción de gasoil, esta gasta uns 25 litros de gasoil o día.
PRODUCCIÓN.
A producción de camelias está entre 1.000.000 1.200.000 plantas o ano.
MACETAS.
Unha vez que quitan as plantas dos alvéolos trasplantanas a macetas de:
- 0,5 litros de aquí transplantanas a :
• a macetas de 1,5 l.
• a macetas de 2,5 l.
- 1 litro trasplantanas a 2 l.
O número de marras nunca pode sobrepasar o 2%.
CALIDADE DAS PLANTAS
Para que unha camelia sea de boa calidade ten que ter un diámetro de cuello de raíz adecuado , ten que ter un verde intenso, e un mínimo de 5 botóns florais
DENOI
Gustariame falar da ultima saida de estudios que tibemos, na cal visitamos os viveiros Denoi situado no concello de arzua. Neste viveiro que conta cunhas 70 ha e dedicado principalmente á producción de camelia, azalea e rododendro pudimos ver na práctica moito do estudado na clase.
A min en especial o que mais me chamou a atención foi:
- sistema de calefacción que tiñan na zona de esgallado: contaba con cinco calefactores que mantiñan a temperatura que eles pretendian. Ainda que según o noso guia deberian de ter seis para ter as meyores condicións

- tipo de ventilación:contaba con un lateral e outro cenital.

- tipo de trasporte: normalmente utilizaban carries para transportar as plantas pero chamoume moito a atención o camion que tiñan para mover maior cantidade de planta.

- aliñamento das plantas: grazas a malla antiherba que utilizaban podian ter as plantas perfectamente aliñeadas para un meyor manexo destas

- tipo de sustrato para os esquexes: o sustrato comprábano xa feito e viña en forma de tapons que necesitaban humedecer e no cal se poñia o esquexe directamente. Tamen nos comentaron que tiña unha "formula secreta" que favorecia o enraizamento.

- sinalizacion: como xa comentamos na clase é necesario ter sinalizada a zona de traballo para poder previr riscos laborables.

- maquinaria: é moi diversa, dende maquinaria para quitar cepellóns ata maquinas de lavado de macetas.


Visita a viveiros Denoy
O pasado martes, 2 de febreiro, fixemos unha visita a "Viveiros Denoy", co obxecto de ver as súas instalacións e os traballos que alí realizan. Este viveiro produce principalmente azalea rododendros e camelia, sendo o principal exportador de esta última.
Según nos exlicou un dos seus empleados, realizan o ciclo completo de producción de planta, dende estaquillado ata a súa comercialización.
Unha das zonas máis importantes do viveiro é, sen dúbida a zona de esgallado. Nesta zona danlle gran importancia a temperatura e a humidade, e para elo contan coa axuda da tecnoloxía en forma de calefacción e sistema de humidificación (Fog System). Sen embargo, o que máis me chamou a atención é o emprego de tacos de substrato, que xa veñen preparados para estaquillar nas bandexas, tras o previo paso de hormonado, con hormona diluida. Tamén me sorprendeu moito o sistema de recollida de auga que tiña o viveiro, donde toda a auga estaba canalizada de tal forma que iba a parar a unha balsa almacenadora para logo empregala no rego.
Posteriormente realizan o proceso de enmacetado, para elo contan con macetas de diversos tamaño, adaptándose sempre as esixencias do mercado:
- macetas de 0.5 l.
- macetas de 2l.
- macetas de 3l.
- macetas de 5l.
- macetas de 8l.
Deste xeito, as plantas que non se venden en macetas pequenas, trasladanas a macetas de maior tamaño para conservalas en bo estado ata a súa comercialización.
En canto a calidade da planta para poder ser comercializada, no caso da camelia rísenxe polos seguintes parámetros:
- Calidade do colo da raíz.
- Que presente 5 botóns florais ou máis.
- Que presenten un color verde intenso.
Ademáis as plantas deben estar en bo estado fitosanitario, para elo realizan tratamentos fitosanitarios contra as enfermidades que pode presentar a planta, como a Phytoptora , e unha baixada da humidade relativa do invernadoiro.
Por este motivo o viveiro sométese a diversos controis sorpresa por parte da administración, para comprobar o bo estado da planta e que o pasapote fitosanitario estea en regra.
A continuación deixovos unha presentación coas fotos que realicei do viveiro, nas cales se poden ver as súas instalcións, maquinaria que utilizan e dos sistemas de rega e calefación:
Fonte propia.
1/2/10
Recollida de "Trufa" do monte para ós viveiros
A recolleita de trufa na historia estivo ligada aos porcos, que polo seu olfato detectaban o fungo baixo á terra. Na actualidades só se permite o uso de cans adestrados, antigamente toda a trufa que se recollía era silvestre sobre todo de aciñeiras e robles, aínda que tamén se micorriza en castaños, avellanos é almendros. Isto ocurría en diferentes zonas de España, hai aciñeiras que nas súas raíces síguense producindo trufas o cabo de varios séculos de vida.
Hoxe en día mantense a recollida de trufa silvestre (trufa negra), pero nas últimas décadas experimentaron un forte desenrolo ás plantacións de trufas que na actualidade supoñen ó groso da oferta.
A empresa Inofrut situada na localidade de Sarrión en Teruel iniciou á súa actividade hai máis de 15 anos, dispón de 30ha, á producción anual é de uns 100.000 plantóns micorrizados, a maior parte deles comercialízanse en España, aínda que se vende unha parte á Italia é Francia. Á producción de plantas para a obtención de trufas concrétase na micorrización ou colocación de micelios de trufa nas raíces dos plantóns.As plantacións trufeiras soen ter un marco de 200 é 300 árbores, o que a uns 6 euros por plantón supón unha inversión de uns 1.500 euros/ha, ás plantas inician á producción o cabo de 6 anos e poden producir ata os corenta. A recolleita faise entre ós meses de novembro é febreiro, a producción media pode chegar ós 70 Kg/ha.
A superficie trufeira en España sitúase nunhas 7.000 ha, das que 1.000 están en Soria é donde destaca Sarrión en Teruel con 3.000, isto sitúa a localidade turolense nun dos puntos máis importantes da UE.
FOG SYSTEM
En canto as condicións ambientais nun viveiro, o que se busca e ter unhas que favorezan a realización da fotosíntese e así a producción de materia orgánica e a máxima productividade dentro do viveiro.
Estas condicións deberán ser de unha humidade relativa alta, unha temperatura relativamente alta, e unha cantidade suficiente de CO2 no ambiente do viveiro.
Neste post centrarémonos na humidade, e mais concretamente nun dos sistemas posibles para aumentala dentro das instalacións. O Fog System e unha técnica consistente a pulverizar auga con un tamaño moi pequeno de gota para así aumentar a humidade dentro do viveiro.
Aquí vos mostro un vídeo dunha empresa donde se nos ensina as partes do sistema e os seus efectos dentro dun viveiro. nesta empresa a mayores enfocan o fog system no únicamente para aumentar a humidade no ambiente, se non que tamen para a apricacion de fertilizantes e incluso para o enfriamento de espacios.
PV Lavaplant
A comarca do Baixo Miño conta con máis de cinco millons de macetas nos seus viveiros, de aí a idea de Juan Carlos Perez Vazquez de crear unha máquina que sexa capaz de lavar ata 2000 macetas por hora.
A PV Lavaplant que asi se chama dita máquina foi creada coa idea de ter un modelo sinxelo, de minimo mantemento, e máxima rendabilidade.
A idea comezou xa fai mais de catro anos pero xa no veran de 2006 veu a luz o seu primeiro diseño coa colaboración de dous amigos. A partir deste modelo foron xurdindo outros ata cegar ó PV Lavaplant. Que se perfila coma outra máquina imprescindible nos viveiros.
Laboratorio fitopatolóxico de Galicia
Nestes tres últimos anos destruíronse 20 lotes de esgallos infectados. A maioría dos lotes infectados corresponden con pino infectado por fusarium, unha das enfermidades forestais que está en cuarentena e baixo vixiancia en Galicia.
No 2009 a Xunta tamén ordeou destruir varias plantacións de camelias e andrómedas infectados polo fungo da fitóftora en Pontevedra e Ourense.
As pragas e enfermidades máis importantes son:
- fusarium e bersaphelenus del pino
- tinta e chancro do castiñeiro
- fitóftora de alisos e camelias
- fuego bacteriano dos frutais de pepita
Fonte: El faro de Vigo
"Malaherba"
Malaherba é unha asociación de un grupo de viveiristas do Baixo Miño que se adican a produción de planta ornamental. Estes viveiristas decidiron unirse para facerse máis fortes é asi poder facerlle fronte as exisencias que presenta o mercado, tanto en cantidade como en calidade.
Deste xeito, e coa axuda de os uns e os outros, resultalle máis doado facerlle fronte aos problemas cos que se van atopando diariamente, como por exemplo facerlle fronte as pragas e outros problemas de produción e comercialización.
Neste video que podedes ver a continuación, sacado da páxina web da galega móstrase como xurdiu a idea de formar esta asociación, así tanto como os beneficios que se conseguiron coa sua formación, como as dificultades coas que se atopan para seguir medrando e progresando no sector.
Efecto invernadoiro
Aquí vos deixo un video que nos pode axudar co tema do cambio climático e do efecto invernadoiro, xa que estos días na clase, estivemos falando do tema e a relación que tiña cos invernadoiros. Un saúdo a todos, e ánimo que xa queda menos para o entroido.
