14/11/08

Estratificación en frío

0 comentarios

As sementes de plantas orixinarias en zonas temperadas posúen un mecanismo de supervivencia: elas requiren que un período frio para xerminar, unha tratamento que ocorre naturalmente no xardín durante os nosos invernos. Isto fai o sentido evolutivo, a semente fresca xerminaría no outono, e os plantóns xoves sucumbirían a lufadas de xeadas. Para imitar a natureza, os xardineiros poden conseguir un xerminación en calquera estación e momento do ano artificialmente arrefriando o proceso de sementes-coñecido como a estratificación. A maioría das sementes dispoñíblesno praza xa foron estratificadas, pero as sementes que se recolleron ou semente necesitará este pretratamento .
Unha vez que temos a semente limpa procedemos :

Colocar un puñado de substrato nun recipiente e a continuación colocar as sementes e volver a cubrir cunha fina capa de substrato e humedecido con moito coidado. Agora debemos meter todo nunha bolsa e etiquetala correctamente: especie, variedade e data. Posteriormente colocarase nun lugar cálido durante tres dias para que a sementes absorban a auga e inchen Colocar a bolsa no refrixerador , (o redor de 4 a 5 ° C é ideal), pero coidado de non conxelalas. Unha vez por semana axitaremos a bolsa para aireala. Este proceso dura ó redor de 60 - 120 dias. Unha vez pasado este tempo as sementes poden ser sementadas a uns 5 mm de profundidade, na primavera estarán listas para ser transplantadas.

10/11/08

Utilidades dalgunhas plantas

1 comentarios


Hoxe vou falar un pouquiño da etnobotanica. O primeiro é definir que é isto:
A etnobotánica é o estudo das relacións entre as plantas e o ser humano, incluíndo as súas aplicacións e usos tradicionais, para desta forma determinar o seu valor cultural ou científico.
E agora imos ver algunhas plantas:

Acer pseudoplatanus: (pradairo)

O uso tradicional das follas foi para envolver o queixo de cabrales (en Asturias).(Agora está prohibido).
A madeira utilizase para carpintería e ebanistería.
Tamén utilizase para facer "madreñes".(que é como os zocos galegos).
As sámaras inmaduras, poden ser chupadas polos nenos como un doce.
As verdosas flores son visitadas polas abellas, que obteñen moito néctar de boa calidade e moito pole.
Como medicinal utilizase a cortiza, que ten propiedades astrinxentes e vulnerarias, polo que a súa capa interna emprégase para cubrir feridas e activar a cicatrización. O cocemento da cortiza empregouse en lavativas para mellorar as afeccións da pel.

Alnus glutinosa: (ameneiro)


A madeira é capaz de soportar a humidade e o anegamento sen pudrición. Tamén facíanse madreñas e cachapos (recipientes para gardar a pedra de afiar a gadaña)
Para leña para as lareiras é mala, moito fume e pouco calor como di un refrán asturiano " La lleñe d´alisa, ni fuegu ni ceniza, malu pal que lo trae y peor pal que lo atiza"
A madeira utilizase para ebanistería, torneria e carpintería.
Antigamente utilizábase para as aspas dos rodeznos muíños.
É un bo contedor das erosión das avenidas nos ríos.
Como planta medicinal utilizase a cortiza contra a amigdalite, xa que ten taninos (cortiza seca e tras 2-3 anos de conservación).

Outro día seguireivos falando doutras especies.

Información sacada do libro "Etnobotanica en el Parque Nacional de Picos de Europa"(Profesor Juan Jose Lastra Menéndez). Ministerio de Medio Ambiente.





Produción de planta

2 comentarios


O CULTIVO DO TULIPÁN
Planta procedente de Asia , Persia e do Cáucaso . O principal país productor e Holanda con o 55% de superficie cultivada no mundo .

Pertence a familia das Liliáceas , planta bulbosa con corto periodo de floración , normalmente en primaveira. Para o seu desarrollo necesita pouca luz, resiste as baixas temperaturas , entre 13ºc-16ºc son as condicións optimas para o seu desenvolvemento.

Necesita un alta humidade, sen pasar do 88% para evitar enfermedades coma a Botrytis.
Prefire solos soltos e ricos en materia organica , cunha profundidade minima de 20cm.
Hai que regar frecuentemente hasta a floración , a partir de ese momento baixarase a frecuencia de rego .

Evitar a o exceso de nitróxeno por que provoca un desenvolvemento excesivo.
Según os holandeses existen varios tipos de tulipáns :
Tulipáns botánicos
Tulipáns horticolas , que a súa vez dividense en “trempanos” ( florecen Marzo- Abril), “semitempranos” ( Abril-Mayo) e”tardios” floración en Mayo.
Planta atacada por plagas , pulgóns, e enfermedades coma o “ fuego do tulipán “ou Fusariosis , combatense con Lindano , Benomilo, Proloraz .

Calendario bodinamico

1 comentarios

Calendario biodinámica para sementeira e plantación

É elaborado por María e Matthías Thun (alemán), baséase na influencia da lúa, planetas e constelacións sobre o crecemento das plantas.
Hai outra teoría a parte desta sobre a influencia das mareas, do ciclo da lúa.
O calendario básase na análise do recorrido da lúa a través das doce constelacións do zodíaco. As constelacións están asociadas ós catro elementos Aire, Auga, Terra e Lume.

Por un lado - Xéminis, Libra, Acuario son Aire.
- Cáncer, Escorpio e Piscis son Auga
- Aries, Leo e Saxitario son Lume
- Tauro, Virgo e Capricornio son Terra

Ó mesmo tempo cada elemento vincúlase a unha parte da planta, Terra con auga, Auga con folla, Aire con flor e Lume con froito. Con estas combinacións e en base ás características de certas plantas e sementes, obtense o día máis apropiado para plantar. Por exemplo, segundo o calendario: a cenoria serán mellores cun día de terra-raíz, as lentellas un día de auga-folla.
http://www.asoc-biodinamica.es/

8/11/08

Xeneralidades do cultivo do crisantemo

1 comentarios

Existen datas moi sinaladas no calendario, nas cales a venta de flores se incrementa de forma moi considerable. O día 1 de novembro é, sen dubida , unha das máis importantes, por non dicir a principal. O día de Tódolos Santos é a fecha na que todos os cemiterios lucen as súas mellores galas, e dicir, predominan as flores naturais.
Unha das flores que se relacionan con este día son os crisantemos. É unha planta moi esixente en termos nutricionais, e os engados de fertilizante deben facerse de forma axeitada para a obtención da floración ó principio de novembro.
En canto ás necesidades do seu cultivo, en termos xerais, convén facerlle un aporte de calcio e magnesio tralo “desmoche”, para mellorar a formación de talos e brotes robustos e máis para que se formen aparatos foliares de alta eficiencia fotosintética.

Tamén se soen aplicar inhibidores do crecemento, para previr o “afiamento” das plantas por falta de luz. Desta forma limitase o crecemento vexetativo, favorecese a indución a flor e fai que soporten mellor os tratamentos hormonais enraizantes. Tamén se poden facer tratamentos para aumentar a consistencia dos tecidos das flores.
No mes de outubro, como consecuencia das variacións de temperatura, aconsellase aplicar algún tipo de fertilizante que preveña as carencias de microelementos que se poidan ocasionar, o cal provocaría a depreciación do produto a causa do amareleamento dos aparatos foliares.
As necesidades de nitróxeno, fósforo e potasio nas diferentes fases fenolóxicas, cóbrense por medio de fertirrigación.
A información sobre o cultivo foi sacada dunha noticia de Horticom News, Necesidades del cultivo del crisantemo.

4/11/08

Unha visita polo sequeiro de Carballo

2 comentarios

Estando inmerso nas oposición de Axente Forestais de Galicia, e tendo que estudiar un tema que era o de Sementes, me pareceu que a mellor que podía facer era velo in situ, porque unha imaxe val máis que mil palabras, e sobre todo máis que mil repasos ao tema. Así que dito e feito, organizamos unha compañeira máis eu e foimos cara aló, e serviume de moito. Agora quero compartir estas fotos que saque alí con vos. Espero que os axuden como axudáronme a mín.

Unha forma de dispersión de semente

0 comentarios


Anemocoria

En botánica chámase anemocoria á forma de dispersión dos propágulos na que é o vento o que produce o transporte.

As plantas producen propágulos en forma de sementes, desnudas ou acompañadas por partes derivadas de outros órgaos, que idealmente deben espallarse a certa distáncia. A vantaxe obtida da dispersión lexana é múltiple: a espécie atopa unha oportunidade de estender a sua área; os pés que medran xuntos non estarán tan emparentados (non serán tan "consanguíneos") o que aumentará o vigor do seu proxenie comun; os novos indivíduos non competirán polo espazo e os nutrintes coa planta mai.

Hai varias formas de promover o alexamento dos propágulos, que permiten distinguir sobre todo a zoocoria (dispersión con auxilio de animais) e a anemocoria.

A anemocoria se basea en xeral en sementes pequenas e secas dotadas ou acompañadas de estruturas que aumentan a sua superfície e o seu cofamento co ar.

via un diario forestal

Técnicas de cultivo

0 comentarios

Éste é un vídeo no que nos ensinan como se sementan, medran e xerminan sementes, todo a nivel caseiro. Preséntanoun traballo moi semellante á práctica que tivemos que realizar nos días atrás.

Sementes ecolóxicas

0 comentarios

REQUISITOS PARA PRODUCIR PLANTA ECOLÓXICA EN SEMENTEIROS

As pautas para producir planta ecolóxica veñen recollidas no regulamento da unión europea , así mesmo terase en conta a lei estatal

Según estas normas establécense unha serie de requisitos básicos para a produción de planta ecolóxica
1- Almacenamento do material: Debede de estar separada da zona non ecolóxica
2- Maquinaria de sementeira Normalmente estas maquinas son compartidas nas sementeiras non ecolóxicas , evitaranse os riscos de contaminacións . Os productos usados para a limpeza das maquinas veñen reflectidos no Anexo II do regulamento da unión Europea.
3- Cámara de xerminación:As plantas ecolóxicas deben estar diferenciadas das non ecolóxicas , a limpeza destas cámaras farase conforme o Anexo II.
4- Enxertos: Sepáranse dos non ecolóxicos , e seguen os mesmos criterios para a súa limpeza.
5- Unidade de cultivo: Deberan estar separadas das non ecolóxicas por unha barreira física para evitar a contaminación . A fertirrigación e tratamentos fitosanitarios serán independentes.
6- Sementes: Aseguraremosnos que foron producidas sen usar organismos modificados xeneticamente , seguindo as normas da producción ecolóxica, utilizar productos fitosanitarios recollidos no regulamento da unión europea .
7- Bandexas: Deberan estar diferenciadas e identificadas en todo o proceso de producción . O material será reciclable.
8- Substrato: Turba , mantillo ou compost, serrin de madeira , cinzas de madeira. A estes materiais poderase engadirlle vermiculita, perlita e calquera fertilizante de orixe organica ou mineral incluída no Anexo II.
9- Control das pragas e enfermidades : Utilizaranse productos recollidos no Anexo II . Plaguicidas (rotenona, piretrinas naturais , Bacillus thurigiensis ) . Funxicidas( xofre , lecitina de soxa, cobre- máximo 6 kilos o ano-.

10- Fertirrigación : Utilízanse principalmente Sulfato potásico e sulfato magnésico de orixe natural, algas mariñas , extractos húmicos e aminoácidos que as súas materias primas de orixe animal e vexetal estean incluídas no Anexo II.

Plantas carnivoras

1 comentarios

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks