10/11/08
Calendario bodinamico
Publicado por
xose calvo
Calendario biodinámica para sementeira e plantación
É elaborado por María e Matthías Thun (alemán), baséase na influencia da lúa, planetas e constelacións sobre o crecemento das plantas.
Hai outra teoría a parte desta sobre a influencia das mareas, do ciclo da lúa.O calendario básase na análise do recorrido da lúa a través das doce constelacións do zodíaco. As constelacións están asociadas ós catro elementos Aire, Auga, Terra e Lume.
Por un lado - Xéminis, Libra, Acuario son Aire.
- Cáncer, Escorpio e Piscis son Auga
- Aries, Leo e Saxitario son Lume
- Tauro, Virgo e Capricornio son Terra
Ó mesmo tempo cada elemento vincúlase a unha parte da planta, Terra con auga, Auga con folla, Aire con flor e Lume con froito. Con estas combinacións e en base ás características de certas plantas e sementes, obtense o día máis apropiado para plantar. Por exemplo, segundo o calendario: a cenoria serán mellores cun día de terra-raíz, as lentellas un día de auga-folla.
http://www.asoc-biodinamica.es/
Etiquetas:
Curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Este post é orixinal, pero faltan as etiquetas e repites o título. Tamén poderías dar unha opinión persoal e adornalo cunha foto ou video, que sobre este tema hai..
Publicar un comentario