14/11/08

LOMBRICULTURA

1. ¿QUE É?
A lombricultura e unha biotecnoloxía que utiliza a unha espécie domesticada de miñoca, como unha ferramenta de traballo, reciclando esta todo tipo de matéria orgánica obtendo como fruto deste traballo humus, carne e fariña de miñoca.
A lombricultura é un negócio en expansión, e nun futuro será o medio mais rápido e eficiente para a recuperación de chans das zoas rurais.
2.HUMUS DE MIÑOCA :
As miñocas de terra son dunha gran importáncia económica, porque coa sua actividade cavadora de terra, participan na fertilización, aireación e formación do chan, mellorando a sua estrutura asi, debido á mestura permanente e o reciclaje de bases totais, como o cálcio, o cal subtraen das capas mais profundas do chan cara a superfície.
As miñocas inxieren diáriamente unha cantidade de comida equivalente ao seu propio peso e expelen un 60% transformado en humus de miñoca , vermicompost ou lombricomposto, que é un estrume orgánico insuperábel, cun alto valor nutritivo asimilabel, que pode incrementar ata un 300% a producción de hortalizas e outros productos vexetais. O humus é similar á terra, suave, lixeiro e inodoro, con altos contidos de nitroxeno, fósforo, potasio, cálcio, magnésio e microelementos en cantidades alomenos cinco veces superiores ás dun bon terreo fértil. No humus tamén atopamos enzimas, acedos húmicos, acedos fúlvicos, huminas e ulminas, que permiten mellorar a estrutura do chan, mellora o troco gasoso, aumenta a oxidazón da matéria orgánica e por iso a disponibilidade de nutrientes en formas asimilabeis, estimulando asi a medra vexetal.
Ademais cria un medio antagónico para alguns patógenos existintes, neutraliza substáncias tóxicas como restos de herbicidas, insecticidas, etc.
O humus de miñoca podese utilizar tanto en forma sólida como líquida, sendo particularmente importante a sua aplicación na preparación de chans e producción de hortalizas, frutais ou flores ornamentais. Ten tamén outros usos mais específicos, como en xardinería e campos para praticar deportes como golf, futbol, etc.
3. MIÑOCAS :
A mais empregada comercialmente é coñecida como Miñoca Vermella Californiana (Eisenya foétida ) porque é nese estado de E.E.U.U onde se descubriron as suas propriedades e onde se instalaron os primeiros criadeiros, alá polos anos 50.É usada polo seu curto ciclo reprodutivo (catro veces nun ano), a sua elevada frecuéncia de apareamento (dunha só miñoca obteñen-se o redor de 10.000 descendentes ao cabo de 1 ano), a sua maior longevidade (15 anos), a sua docilidade para a cria en ambientes reducidos e a sua voracidade; portanto maior velocidade e volume na producción de lombricomposto.

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks