25/2/11
Toma contacto viveiro
O día 10 de febreiro póñome en contacto con viveiros La Garantía coa finalidade de concertar cita para realizar unha visita as instalacións e coñecer de primeira man a producción que alí se leva a cabo.
Os viveiros "La garantía" teñen unha traxectoria que supera os 50 anos. Nun primeiro momento, polo 1956, adícanse ao cultivo de eucalipto para reforestación. Máis tarde abren o primeiro dos tres viveiros que posúen na actualidade, onde se adicarán a importación de plantas de Holanda e a venta das mesmas nas feiras.
A día de hoxe contan con tres viveiros, localizados nos concellos de Cerdido, Cambre e Sada.
Contan cunha páxina web na que se recolle a historia e a información principal da empresa.
A visita ao viveiro (está por determinar a cal das tres instalacións se realizará), farase na semana do 28 de febreiro ao 4 de marzo.
0 comentarios:
Publicar un comentario