6/3/10
VISITA A VIVEIROS DENOY
Hola¡
Aínda que cun pouco de retraso, vouvos a falar da visita que fixemos a viveiros Denoy o pasado día 2 de febreiro.
Este viveiro, situado no concello de Arzúa, está especializado na producción de tres especies: camelia (Camelia japonica), rhododendro (Rhododendron sp.) e azalea (Azalea japonica). De entre estas tres especies, a maior parte corresponde á camelia, o que fai que viveiros Denoy sexa unha empresa punteira nesta producción a nivel europeo.
Como guía tivemos a un técnico da propia empresa, que nos amosou a maior parte das instalacións, así como todas as fases polas que pasan as plantas (fundamentalmente de camelia) antes de ser comercializadas. A superficie total do viveiro é dunhas 70 ha., dentro das cales se distribúe toda unha rede, máis ou menos ordeada, de naves, camiños principais, camiños secundarios, almacéns, etc.
A primeira parada da visita foi nunha nave, próxima á entrada da finca, na que estaba disposta planta de camelia preparada para comercializar. O transporte, tanto da planta que sae da empresa para comercializar (exceptuando plantas moi grandes), como as que pasan dunhas naves a outras dentro do propio recinto, faise mediante carrys. Aquí poidemos ver a máquina que empregaban para embalar os carrys antes de cargalos no camión (en cada camión collen apróximadamente uns 43 carrys).
Para que a planta de camelia sexa "apta" para a súa venta, téntanse acadar unha serie de características :
- Un único pé de planta por maceta.
- Que o colo da raíz se atope o máis baixo posible.
- Un mínimo de 5 botóns florais para as plantas dispostas en macetas de 1,5 l., e de 8 para aquelas que están dispostas en macetas de 3 l.
A seguinte parada foi nun pequeno alpendre no que aparte de ter algún tractor e diversos apeiros, habían dúas máquinas arrancadoras de planta coas que se extraían os exemplares dispostos nos campos de plantación.
A visita continuou por algún dos demáis invernadoiros nos que estaba disposta a planta de camelia durante as súas distintas fases de desenrolo. A superficie dalgún destes invernadoiros era de 1 ha.
O sistema de reproducción empregado é o do esgallado a partir de plantas nai específicamente seleccionadas. Os esgallos, despóis de ser sometidos a un tratamento con hormonas durante unhas 24 horas, introdúcense en bandexas de alveolos, nas que previamente se dispuxeron unhas pequenas porcións compactadas de sustrato, que o viveiro compra xa feitas, as cales lle proporcionan á planta a auga e os nutrintes que esta precisa nesta fase. Neste invernadoiro o mantemento da humidade realizase mediante un sistema fog system. Para garantir unha temperatura adecuada, o invernadoiro tiña unha instalación de calefacción composta por 4 caldeiras de gasoil. O enraizamento dos esgallos conséguese, apróximadamente, transcorridos dous meses. Despóis, no mes de febreiro, transplantaránse ós contedores de 0,5 l. Transcorrido un ano, a planta non comercializada pásase a macetas de entre 1 e 3 l. Posteriormente, é preciso levar a cabo, sobre éstas últimas, un mantemento que consistirá, fundamentalmente, en labores de poda e abonado.
No caso dos rhododendros, a plantación facíase en macetas de 2 l. para logo transplantalos ás parcelas de campo donde se acadarán mellores desenrolos.
Un tema de moita importancia é o da protección fronte as pragas e as enfermidades. A camelia soe verse afectada por Phytoptera, enfermidade de tipo fúnxico, que require cuarentena. Para evitar este tipo de problemas, tense un especial control no grao de humidade das instalacións, e lévanse a cabo tratamentos fitosanitarios cada mes. Un problema deste tipo implicaría un forte revés para a empresa, pois ante o risco de contaxio a plantas de outros países, deteríase temporalmente a comercialización de planta no viveiro.
A xeito de resumo, aquí vos deixo unhas cuantas fotos da visita:
Un saúdo.
0 comentarios:
Publicar un comentario