3/3/10

Biotopo Sl. Árbore e xardín.

Miguel Angel Jamardo é un profesional do eido forestal que durante case 10 anos foi encargado dos viveiros de produción de planta do Centro de Investigación Forestais de Lourizan. Chegado un intre, decidiu establecer a súa propia empresa adicada a todo o relacionado coa xardinería, e especializado en talas e podas de árbores de grandes dimensións. Así creou Biotopo para ofrecer ó cliente o seu servicio. Deixo esta páxina enlazada para poder ver exemplos de algún dos seus traballos.
V. ¿Qué facedes xeralmente no voso día a día?
M. Nos adicamonos a todos os traballos relacionados ca xardinería e o paisaxismo, dende o mantemento de zonas axardinadas, deseño e creación de áreas, asesoramento técnico, rutas de senderismo, etc.
V. ¿Cales son os traballos que máis vos solicitan?
M. Depende bastante da época do ano. Temos xardíns ós que facemos o mantemento durante todo o ano e inclúen as podas, tratamentos, corte do cesped, escarificado, etc, pero cando chega o bo tempo, aumentan os clientes que queren traballos máis puntuais. Tamén traballamos moito as podas en altura.
V. ¿Como empezaches a facer ese tipo de poda?
M. Tiña coñecementos de técnicas de escalada arbórea, e unha vez posta en marcha a empresa, decatámonos de que moita xente non atopaba profesionais que traballaran esa parte da xardinería. Nos xardíns xeralmente sempre ai exemplares arbóreos de gran porte que necesitan coidados que non se poden realizar de outro xeito que non sexa subindo a eles, ben sexa por que non ai acceso con maquinaria, por que se atopan preto de vivendas, etc. No caso da tala de exemplares sucede o mesmo, ai que cortalo en tramos para que non cause danos nas vivendas por exemplo. Unha vez que fas unha árbore por medio desta técnica, o veciño ve o resultado e tamén pide presuposto. Cada vez máis.
V. ¿Cal é o custe de ese tipo de traballo?
M. Depende do exemplar e do que teñamos que facer, pero ten en conta que vas estar colgado de cordas a 30m de chan traballando con motoserras, e non é sinxelo. Ademáis do diñeiro ten que gustarche por que sinon non te subes.
V. ¿Porque zonas soes ter o traballo?
M. Nós desplazamonos por toda Galicia, estivemos traballando en Chantada, Vigo, Zas, etc, sobre todo no tema de podas e tala. En canto á xardinería facémolo máis a nivel comarca Barbanza-Santiago, quizas por que en este eido si que ai máis empresas que traballen.
V. Tamén organizas cursos de formación.
M. Organizamos un
curso de poda
de castiñeiro en convenio con unha comunidade de montes veciñais que foi un éxito de asistencia. Agora estamos a preparar un curso de técnicas de enxertado que esperamos celebrar no mes de marzo. A xente sente cada vez máis interés por estes temas.
V. ¿Recomendas a saida profesional da xardinería para un futuro?
M. Eu non me podo queixar, por sorte agora mesmo teño moito traballo, pero tamén é certo que intentamos tocar moitos aspectos e non centrarnos solo en cortar cesped. Para eso a experiencia axuda pero a formación é fundamental. Para crear unha ruta de sendeirismo que te encargue un concello tes que ter unha serie de coñecementos, ó igual que para diseñar un xardín, ou realizar un mantemento. Persoalmente estou moi satisfeito da decisión que tomei de porñer en marcha Biotopo, ainda que lle teña que adicar moitas horas extras.

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks