9/12/09
Software para planificación da producción nun viveiro
A planificación da producción nun viveiro é fundamental para o seu bo funcionamento e para acadar uns beneficios. No mercado hai multitude de Software que facilitan ó viveirista estas labores. Hai moitas variables a ter en conta e pequenos erros poden dar lugar a grandes catástrofes como non ter planta cando se necesita, falta de espacio, excedentes de producción, etc.
Un destes software é HORTIBENCH. Vouvos explicar as súas funcións e ventaxas para que vos fagades unha idea do útil que resultan estes programas á hora de xestionar un viveiro.
A función principal diste producto é facilitar a planificación da producción e as finanzas de viveiros e invernadoiros e optimizar a organización dos espazos de traballo.
Permite reducir custos gracias a melloras na administración, reducción de gastos e aproveitamento dos recursos. Tamén facilita a planificación a medio prazo e a creación de planes de traballo adaptados as necesidades do mercado, cultivo de varias especies, etc.
Ademais o software está deseñado para adaptarse as necesidades do empresario, dende pequenas negocios familiares ata grandes empresas con moitos viveiros, e non é necesario ter conocementos específicos para utiliza-lo, pretende que o seu uso sexa intuitivo.
Exemplos de uso:
Tipos de cultivo: pode usarse para calquera tipo de especie e cultivo, xa sexa individual ou por lote. As plantas agrúpanse según especie e variedade para facer os cálculos mais sinxelos.
Tamén pode usarse para o cultivo especulativo, é dicir: capacidade para responder demandas de pequenas cantidades de productos moi variados.
http://www.hortibench.com/index.php?lan=spa
En próximas entregas continuarei falándovos de este software...
0 comentarios:
Publicar un comentario