2/12/09
Hifas da Terra
Aínda que este artigo non é propiamente sobre un viveiro pareceume interesante falar sobre a empresa Hifas da Terra e da súa producción de planta micorrizada. Esta empresa de biotecnoloxia aplicada a micoloxía naceu no ano 1999, está situada en Portamuiños, Bora na provincia de Pontevedra e ocupa uns 50000m2. Aparte de cultivar setas ecolóxicas, ofrecer kits de producción que che permiten ter as túas propias setas na casa, tamén venden planta micorizada . É por eso que esta empresa pode resultar interesante para o sector forestal, pois aparte de ofrecer planta para producir madeira tamén se pode estar cultivando setas para posterior venta. Están especilizados, sobre todo, en híbridos entre castaño galego e xaponés, obtendo clons resistentes a tinta e micorrizado con boletus. O que ofrecen son prantas de castaño que van a producir castañas de calidade e boletus, co cal estamos a sacarlle o monte beneficios a curto prazo antes de vender a madeira, xa que, nunha hectarea podemos obter uns 2000 kg de castaña de calidade o igual que setas, todo elo para posterior venta. Sería convinte pensar nesta opción pois ainda que a pranta nos vai resultar máis cara, temos a opción de sacarlle máis proveito o monte antes de ter que esperar 40 ou 50 anos para ver o frotio dos nosos coidados e do gastos levados a cabo na plantación. Aparte desta especie nesta empresa tamén están especializados na planta micorrizada de piñeiro con níscalo.
Deixovos unha reportaxe do programa da TVG , Labranza, emitido o pasado día 22 de novembro que trata sobre esta empresa a das actividades que nela se levan a cabo.
1 comentarios:
Tal vez deberías falar da micorrización e facer alusión á esta empresa sen adicarlle todo o post. Boa idea o da inserción do video
Publicar un comentario