11/11/09
Saida a viveiros adoa
“Viveiros Adoa” situado na subida á Universidade de vigo realiza unhas saidas educativas onde escolares de 2º ciclo de Primaria, 3º ciclo de Primaria, 1º ciclo de Secundaria, 2º ciclo de Secundaria se achegarán á plantación que se atopa no viveiro e recibirán nocións sobre as súas características esenciais e os coidados que requiren as distintas especies arbóreas e plantas. Todo iso na procura de sensibilizar o alumnado na problemática medioambiental e o necesario respecto e coidado da nosa flora.
Nos invernadoiros de interior e exterior, reciben explicacións e coñecen de preto arbustos, árbores froiteiras, plantas acuáticas, palmeiras, olivos, céspede precultivado, diversidade de plantas ornamentais de interior… Así como o mecanismo de funcionamento dos sistemas de regadío nos teitos dos invernadoiros.
No Departamento de maquinaria, utensilios e complementos de xardinería; o alumnado pode observar os distintos produtos para cada tipo de árbore e planta, aparellos para a construción e mantemento de xardíns, e recibe finalmente unha planta para levar á aula e responsabilizarse do seu coidado.
Na sección de animais de compañía, o alumnado recibe explicacións sobre as características das mascotas: coellos, cans, hamsters, paxariños, tartarugas, peixes … e os seus pertinentes coidados.
O obxetivo principal é adquirir un coñecemento xeral sobre as características das distintas especies arbóreas, prantas e os produtos que se atopan no viveiro.
Mentras que por outra banda tamén se persegue diferenciar tipoloxías das prantas atendendo ás súas características principais.
Sensibilizar o alumnado coa problemática medioambiental e o cambio climático, fomentando actitudes de respecto polo noso contorno inmediato e pola natureza é principal nos tempos en que estamos.
Realización de deseños, organización e mantemento de xardíns, son outras das actividades de interese deste viveiro.
1 comentarios:
A iniciativa paréceme interesante só boto en falta algunha idea máis persoal ou propia, de xeito que teñamos unha información de primeira man.
Publicar un comentario