3/11/09
Nova sobre viveiros.
O Plan especial de conservación de espécies forestais posto en marcha pola Xunta de Extremadura logrou producir con éxito o teixo, especie catalogada en Perigo de extinción.
Na actualidade o viveiro de Rueda chica xa conta con 2.000 exemplares.
O teixo con 240 exemplares é unha das especies mais amenazadas de Extremadura con severas dificultades para a rexeneración natural.
O Plan especial de recuperación iniciouse no 2004, constituiuse nunha primeira fase de recolección e reproducción tanto sexual como vegetativa de material xenético recollido en diferentes poboacións da rexión.Ademais creáronse bancos clonais de planta nai para a obtención de plantóns. Con esta mesma técnica de esgallado, realizáronse prácticas para a obtención de outras especies amenazadas e con especial dificultade para a xerminación.
1 comentarios:
E non sería máis interesante ver que é o que se está facendo aquí relacionado con este tema e ter unha información máis amplia?
Publicar un comentario