3/11/09
Viveiro Orvihouse S.L.
Publicado por
ALBERTO ARES
O viveiro Orvisahouse, S.L. foi fundado no ano 1982 por D. José Sánchez çquintáns no lugar da Ramallosa, no concello de Teo (A Coruña).
No ano 2007, a sociedade galega "Estela Orvi", patrocinada entre outros por este viveiro, rexistrou na Oficina Comunitaria de Variedades Vexetais (C.P.V.O.) unha nova variedade de Lyquidambar styraciflua á que denominaron Compostela.
Esta variedade destaca polo seu porte piramidal, por presentar unha follaxe bastante densa e pola amplia gama de tonalidades de cor que presentan as súas follas, pasando do bermello ó púrpura, especialmente nesta época do ano.
Todo isto fixo que a súa importancia como árbore ornamental medráse de xeito importante nos últimos tempos, sobre todo no seu uso en zonas urbanas.
Esta variedade Compostela, xunto con Lyquidambar styraciflua Petit Ball, son os dous únicos rexitros existentes en España para esta especie, o que fai que Galicia acadase un lugar privilexiado en I + D + I dentro do sector das árbores ornamentais caducifolias.
Etiquetas:
Lyquidambar Styraciflua var. Compostela
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Información interesante, pero podería ser máis persoal, e poderías facer un post máis rico.
Publicar un comentario