24/3/09
Schlumbergera
Como remate das características das que vos informei anteriormente sobre as miñas dúas plantas de interior aquí vos deixo as da Slumbergera:
Caracteristicas:
A slumbergera pertence á familia dos Cactus. Como tal costitúe, en determinadas rexións de América, o elemento dominante da vegetación. Medran nas estepas e rexións semidesérticas, tropicais e subtropicais, frecuentemente nas montañas, sobre as rochas ou epífitos sobre as árbores. Poden presentar formas variadas: columnar,de penca , globosa... O talo é verde e brando, e soe estar provista de costillas. A inmensa maioría dos cactus carecen de verdadeiras follas. As flores, de multiples cores, son bisexuadas, xeralemente regulares ou simétricas. As espiñas saenlle das areolas, regularmente distribuídas sobre a arísta das costillas ou sobre as protuberancias do talo. A familia das cactáceas agrupa uns 200 séneros de 2000 especies.
Multiplicacion:
Multiplícanse por esqueixes en agosto ou entre xaneiro e marzo. Arraiga en turba a unha temperatura de 22 ºC. As plantas adultas cultivanse entre 18 e 22 ºC, cunha lixeira sombra. Os capullos formanse cando o día ten de 8-9 h de luz e a temperatura nocturna é de 15 ºC.
Consellos para un bo mantemento:
Demarzo a agosto, as regas han de ser regulares, ainda que moderadas. Pulverizar a planta de vez en cando. Limitando as regas dende mediados de agosto a mediados de setembro, favorecemos á formación de flores. A partir de outubro, reanude as regas ata finais da floración. Reduza despois a temperatura ata 15 ºC e reguea moi pouco ata marzo. Transplantala logo a un sustrato permeable, turba e terra mineral en cantidades iguais, cun pH de 5.5 a 6.5. É aconsellable engadirlle unha solución de abono completo ó 0.2% que conteña nun principio maior cantidade de nitróxeno, despóis maior cantidade de fosfatos.
1 comentarios:
Gustoume moito este post. Pareceume moi interesante. Eu fixen un coas fotos que tiña desta planta así que espero que coa túa información, cas imaxes que xa puxeches dela e coa miña pequena aportación axuden a distinguila da Rhipsalidopsis (xa que é de características moi similares), ainda que as súas flores e a súa época de floración e difente.
Publicar un comentario