22/2/09
Uso de praguicidas na Unión Europea
A Unión Europea aprobou unha novanormativa para o uso de plaguicidas.
Esta nova lexislación ten como obxectivo regular a utilización dos plaguicidas e colaborar ca protección do medio ambiente.
Coa anterior normativa vixente dende 1991, os plaguicidas eran autorizados pola Comisión Europea. O mesmo tempo cada Estado membro decidía se se aprobaba ou non no seu propio país. Ca nova lexislación pretendese que a aprobación destes productos sexa uniforme en todos os países de Europa.
Nos próximos 10 anos irase retirando do mercado progresivamente aquelas sustancias con perfil toxicolóxico e medioambiental máis agudo . Esto ben dado pola preocupación da sociedade no uso de pragucidas aplicados para a destrucción de fungos, insectos e malezas repercutindo na saúde das persoas
Esta normativa ten como obxectivo conseguir un uso dos praguicidas que garantice a saúde dos consumidores e dos operadores que os utilicen , así como o respecto o medio ambiente.
Cada Estado membro da Unión Europea elaborará un Plan Nacional de Acción con medidas para a formación dos usuarios, a venta e manexo de praguicidas, aplicacións aéreas, inspección dos equipos de tratamento, protección do medio acuático e protección de determinadas zonas máis sensibles.
O acordo establece a prohibición de certas substancias tóxicas; sobre todo, aquelas «canceríxenas ou dañinas para a reproducción », a non ser que os seus efectos sexan leves na sús utilización.
As substancias que teñan efectos neurolóxicos ou que afecten ao sistema endócrino prohibiranse si se considera que teñen un risco grave para a saúde.
Aqueles productos que teñan compoñentes perigosos deberán ser substituídos por «alternativas mais seguras» nun prazo de tres anos, na anterior normativa eran cinco anos .
Por todo eso no 2014, será obligatorio respectar os principios xerais da Xestión Integrada de Pragas para conseguir unha reducción no risco no uso dos productos fitosanitarios e potenciar a promoción de métodos alternativos de loita contra as pragas.
SINC
2 comentarios:
Buenoo!!
Non tedes nin idea do remuíño que iste tema está a xerar nestas terras do Sur. Aquí adicámonos muito á agricultura industrial sobre todo fresas, pexegos e nectarinas. O primeiro que fan os freseiros tódo-los anos, cando comezan a campaña aló por agosto e... ¡Desinfectan todo o chan! Por sorte, hai catro anos que teñen prohibido o uso do bromuro de metilo, pero aínda así, toda a fauna e flora beneficiosa para manté-la ecoloxía do sistema agrario é directamente eliminada, abrindo o paso a enfermidades, plagas, e, por suposto, plaguicidas. Con estas técnicas, lóxicamente a nova normativa está a facer que a xente de por aquí esté moi, moi cabreada. (Pero calquera lles dí nada de cambiá-las técnicas)
Un saúdo e a seguir cun blog tan magnífico
Uxío
Este tema é moi complexo con cantidade de intereses contrapostos, o que si é certo é que son productos perigosos que merecen especial coidado na súa aplicación e no seu uso, non só no que respecta os seres humanos, senón ó medio ambiente.
Publicar un comentario